
non temos nada que pagar, enténdelo?
Non temos nada que pagar.
Non debemos nada, eu non lle debo nada a ninguén...
Crónicas de días enteiros, de noites enteiras. Texto orixinal: Xavier Durringer. Traducción: Ana Buján. Dirección : Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
51 comentarios:
Votote en falta, votote de menos, te echo de menos, I miss you...
Oes Pierre, cando pensas recoller o ghallumbo que deixaches na miña casa?, por certo Strauss non é unha bebida alcoholica. Kisses.
A Rubia.
meu querido Pedro seica esta é a túa casa? mi ma que alta é. nós aqui na casa tamos ben, cando vas vir? lembrate de darlle corda ao reloxe de Papa. O tempo sen ti non é nada, espero que esteas tan formal coma sempre.
Ah!! o teu periquito finou.
Pazos de Borbén
Me mola eso de me importa un carallo. A mi también, Ea!, que se jodan todos.
Es un monstro, Pierre. Eu tampouco quería pagar nada, pero ao final sempre acabo pagando coma unha mona.
E logo Pierre, de que vas?, tes algunha intención de cambiar algo? ou máis ben andas querendo amolar alguén con esa pose?
De Pontevedra con Amor
Mira pedriño estamos preocupados en Borbén, dinos algo estas ahi? parece que non tes cariño a túa familia
Queridiño Pierre, non serás un falabarato deses, non?, digo porque moito falar e onde queda a acción.
Con agarimo dende a capital.
Para A Rubia:
Nena, eu só paso unha vez pola vida dunha muller... o tempo que isto dure, normalmente, depende delas. Pra tí durou o que un par de gallaumbos. Síntoo.
Maite, miña rula, sei que és unha persoa sensible e por iso vou ser delicado. O teu foi especial, tan especial como camiñar pola vía do tren mentres ves achegarse a locomotora. Agora o pracer está en ver como se alonxa de nós.
Estranos bicos con sabor a Chanel.
Papá, mamá, ide a tomar polo carallo.
Home! que clariño es agora. Voute dicir unha cousa "amor", de ghallumbo a ghallumbo, a vida as veces non é tan curta coma pensamos. Xa nos imos vendo darling.
Un super kiss.
A Rubia
Por curiosidad Pedro, cando te convertiste en un tipo taaaan duro?.
Vaia, vaia co revolucionario...je, je,je...moito bla, bla e ná de ná...umh pero despoís do teu último numeriño desta noite perdooche todo... todo...todo. Ata o faltón e falabarato que es as veces, señor romántico. Adiante Espronceda da noite, a ver con que me sorprendes a próxima noite.A ver se podes comigo. Bicos con língua. O teu lord Byron de Vigo.
Home Byron, como andas! Vouche citar algo desde xenio do que levas nome:
"Antes co amor,
antes ca saudade,
antes ca xustiza,
dádeme a verdade"
Iso é o que sempre recibirás de mín, meu cabaleiro.
Cando falas con Lucia, lle miras directamente aos ollos?
Cando falas con Fred, lle miras directamente aos ollos?
Cando vas polo mundo soltando esas lindezas tan túas, lle miras á xente aos ollos?.
Minteme e dime que sí.
Muak.
Mira P, do que fajas coa túa vida fora do chollo é cousa túa, pero non volvas traer a túa movida de colejas descontrolaos,non é bó para os nervos dos xefes. E non chejes tarde outra ves, non podo sejir cubríndote o cú.
A próxima vez que me collas as bragas para a túa merda de espectáculo, vaste cagar tío. Non sabes que xa estamos nas rebaixas? A ver se te enteras, mona! Non toques as miñas bragas, pedriño.
Dame a verdade absoluta, bolboreta. Eu encantado a soportarei sobre as miñas costas. Dame a verdade espida da túa língua afilada, bolboreta. Será música para os meus oídos.
Se é de verdade todo o que dis...dimo,damo... Son forte podo con iso, meu.
Aloumiños nas túas as de bolboreta, loca, loca.
Perdes o norte. Eu son o teu faro pero non me ves,coma sempre. ai, Pierre, Pierre.
¿U-lo centro, Pierre?
Devólveme os meus discos,mamón, e o meu perfume¿cres que o chanel nº5 é barato, gilipollas? Que che dean.
Moito debes de andar facendo para ter a tanta xente falándote. Só lembra que coma un sol que repousa os seus traballos puros por unha eterna causa (que diría Paul) o tempo, o teu momento, non escacha coma se fose fogos artificiais por máis que o intentes xogando polas noites como fas, pero sí é certo que soñar as veces é saber.
Eu podo estar soñando contigo ou sobre tí neste preciso instante. E sei... Máis gostáría moito saber se soñas sobre min nalgún momento dos teus días...
Pierre se queres sacar esa rixidez da cara, por que non te sacas un peso de enriba e lle contas a todo o mundo o que andas a facer polas noites...pero fala da verdade non desas gilipolleces de machito barato que fas co teu amiguiño Fred, non, de cando logo quedas ti só e baballas tra-lo cú de calquera?
Tengo el corazón contento, el corazón contento, lleno de alegría. Tengo el corazón contento desde aquel momento en que llegaste a mi...
:)
Ná te pio, ná te debo. Me voy de tu vera olvídame ya...
:))).
Ciao
tanta gente para estar más solo que la una. Estás sólo y te sientes sólo. Sabes que es verdad.
Xa dicia eu!, andas escapado, é normal, enténdote...tanto...
Non tes por qué poñerte ESTUPENDO, non necesitas andar de filósofo barato, non tes que pagar é certo, pero tampouco tés porque andar laragando e largando sen que ninguén te pida contas ou aínda que chas pidan.
Lembras eses días enteiros en branco? esas noites enteiras de silenzos?
No fondo, quérote un montón, máis o meu xeito, así sen máis,xa sabes.
Voume,non sei por canto tempo. Xa non teño interés en saber sobre as túas mentiras. Seguirei soñando... contigo. Impórtame un carallo que xa non te lembres de min. A vida é así...
Dende o abismo con amor.
Moito chorus line, moita pluma, moito conto. Pose barata escrita en papel barato. Así che vai...Non hai acción.Non se move nada, nadiña. Nada cambia aínda que ti intentas asimilar. Sigue asubiando e bailando como se non pasara nada pero pasa, claro que pasa...Tranquilo, Pierre é a envexa a que me fai falar así.Non pasa nada, ti o controlas todo ou... non controlas nada ¿non?
O teu amigo desde os infernos de Dante.
Bolboreta, onte pola noite estiveches moi baixo de moral.¿Que viches tra-las túas gafas de sol? Cóntamo.Agardo a túa resposta de língua de bolboreta.
Ui! mi má, canta mariconada!!! Se te pos serio, ponte serio de verdade que unha cousa é a noite e outra cousa ben distinta é o día. Ben o sabes. Está claro que Maite non foi muller dabondo para ti. No que respecta a venres... bueno eu con certo tipo de faunas non me memeto e tí deberias ter coidado, moito coidado.
Esa rapaza pola que suspiras, cariño, se a deixaches escapar... bueno ó mellor tes que atopar de frente a unha muller de verdade e botarlle un par.
Ah! Respecto a Byron, en fín o romanticismo do carallo e ese afán polo decadente e amorte. É esa aviaxe que te interesa na vida?. Vale, pois pégate un tiro ou remata con esa merda que andas a pasar.
O de antes.
Ola, non sei se te lembras de min, son Silvia, morena, baixiña, pelo curto... Supoño que non. Coñecímonos unha noite despois dunha actuación de Paquita. Son amiga de Lucie e Fred. En fin acabo de enterarme de que es colega de Gaspar, o outro día vinte canda el. Estamos iniciando... algo, non sei como chamarlle, un idilio, unha relación, non sei. Quixera pedirche que por favor me aconselles, cres que lle intereso de verdade? Teño medo de apurarme demasiado. Ah! Despois da depilación van moi ven os aceites de hipérico e de caléndula.Proba e xa me dirás. Un/-ha artista coma ti ha de coidar a súa pel tanto ou máis que o vestiario,non?
Teño aos Black Crows a toda caña e de súpeto lembreime daquelas primeiras escapadas e das broncas do teu pai...!. Uns ananos do carallo... agardo que te vaia todo ben e que o teu colega Fred xa se botara moza (que pesado!). Segues de bala perdida ou sentáches a cachola con algunha?. Estou de volta en Pazos de Borbén. Quén o ía dicir!. Gostariame facerche unha visita e tal, seica estás na cidade, ao mellor pódesme botar un cable... Dame un toque.
Podes colgar unha foto túa sen camiseta, por favor? Eu, polos pelos do peito dos homes, xa sei de que van. Despois xa escribirei para dicirche se quedamos ou non.
Como cantaba aquel poeta sempre pegado a unha bombilla da que nunca sabías se a estaba a enroscar ou a desenroscar... QUE SABE NADIE. Que sabe nadie, ANÓNIMO.
Vaia,vaia! vexote mal con ese byron, Pierre.
O único que se me ocorre para celebrar as túas andainas e os teus riscos é relembrar outras nocturnidades de hai un século, levantar o meu brazo blandindo un tequila e berrar....CRANEO PRIVILEXIADO!. Sen máis.
A que vides a mín? A que me botades merda enriba ou tentades comerme a cabeza coas vosas cobardías? Buscades algunha resposta? Seguídeme ata a noite e despois veremos se sodes tan fachendosos. Hai os que escollen ir de iluminados e os que non poden evitar selo. Seguídeme ata a noite e logo falamos meus besbellos saltóns.
Ola, Pierre, temos que quedar hoxe. Chegou un material de abaixo moi potente. A ver se o movemos por aquí. Necesito pasta. Xa sabes por que. Luci segue igual. Recordos ao teu vello.Que ben me cae.
Pierre juapiño, a ver si me fas un pouquiño de caso, ultimamente non se te ve por aí. Tal vez poderiamos volver sair os dous algunha noite como faciamos antes de que coñecese a Fred...lembras o ben que o pasabamos!eses gharitos aos queme levabas!, cona! es dos poucos tíos que pode dicir que algunha vez case me acojonas!Bicasos!
Ai! Estou desexando volver ver o teu show de Paquita, cando actúas?
Despois podiamos quedar e sair todos xunt@s. O corpo estame pedindo guerra ;)
Un home sentado nunha barra dun garito. Xa é abrente, cae xiada fóra. Bótalle as últimas caladas a un canuto que lle pasou o seu colega, na mentres descarga a súa mala noite nas orellas ausentes de quen ten ao seu carón. Aspira o fume coma se poidera, nese acto, facer desaparecer esa noite, ese día. Non soa música, non escoita nada, non sinte nada. Agora desexa non lembrar.
Sóate?
Pierre cala e o mundo ten que adiviñalo. Cariño,canseime de adiviñarte, de agardar unha sinal nos teus interminables silencios,de esperarte.O tempo o teu carón foi as veces delicioso pero foron demasiadas as esperas. Xa sei, eu non son Penélope, o noso piso non é Ítaca e ti non es Ulises, quizais por iso as sereas sempre te engaiolan cos seus cánticos e caes preso delas ata extenuación.
Ti dis que me queres, pero querer non é suficiente. Un bo día souben que aínda que te quería non era suficiente. Estaba tan cansa de adiviñarte.
Dende o país do esquecemento con amor.
Va, va, va,! mucha tontería y poca diversión. No nos vendas ese rollo de enrolle ambíguo, que uno es lo que es, osea, uno. Y recuerda que el morbo no te lo llevas a casa, que nos conocemos bambi!
Desde la Capital, que sigue estando donde estaba y punto pelota.
Pierre, é posible vivir sen amor?. É posible sobrevivir sen parella?.
É bó estar constantemente enganchado a esa historia platónica?
Sabes unha cousa Pedro, Pierre ou como te chamen, andas coas medias caidas e a memoria desenfocada. Dalgún xeito perdiches a noción do teu centro e así agora andas amolar con ese falar mesianico co que te andas. Sempre sobrado de máis cando o día xa non quere ter nada que ver coa noite pasada. So unha cousa non me gusta a túa noite. Vémonos polo día, vale farei coma que non pasou nada.
Tio a qué andas? as agachadas? de qué vas bonitiño?. Cómo era a cousa...luzdecus. Estas probes vagalumes andanche dando voltas e vira voltas en círculos orredorrrrr das barrrrras dos baretttttossssh. Tamos?
Dime Pierre, cómo cobras? en metálico ou en especie?
para esquivar hai que ter máis talento, meu. Se queres deixar de soñar desperto... volve a pasar pola periferie.
Con moita precaución, L.
Deixáchesme pasmad cando recitaches eses fragmentos pe-da-gó-xi-cos ao final da túa historia, espindo a Paquita... Pero querido, non me creo nada. Nada do teu falabarato, da túa sapiencia de rúa, da túa certeza. É che así, cando non sabes onde agacharte sae Paquita, non si?
Anónimos do mundo. Non entendestes nada. Paquita non é unha escapatoria, é a miña arma secreta, coa que vos doblego ate o aplauso, pequenos bicos de amor a distancia dende a butaca ao meu peito, xusto o que preciso pra non morrer de soidade. Eu tamén vos quero, estamos conectados dende entón.
Pierre, Paquita, Paquipiertita... muak.
Publicar un comentario