jueves, 25 de septiembre de 2008

Volta ao autor, volta ao texto. a nosa terra 11/09/08

"Crónicas de días enteiros, de noites enteiras
Compañía: A Factoría Teatro e Disque Danza.
Dirección: Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
Elenco: Anabel Gago, Gena Bahamonde, Fran Peleteiro, Santiago Cortegoso e Xosé Manuel Esperante.
Unha opinión moi estendida nos últimos tempos entre os urdidores da contemporaneidade teatral sostén –sen ningún pudor– que o teatro de texto está acabado, que o autor está morto. Sen entrar a fondo na cuestión, poderíase suxerir que estes interesados diagnósticos se deben á primacía que durante moito tempo acadou un teatro de exhibición que converteu o texto en pretexto, debedor das modas estéticas que facían furor noutros campos da creación –e das axudas das administracións– e que magnificaba os aspectos espectaculares da moito máis ricaz cerimonia do teatro. E tamén á hipertrofia da profesión duns directores de escena que, demasiado a miúdo, buscan suplantar a creatividade do autor coa súa propia. Mais a realidade é teimuda e acaba por poñer todos os excesos no seu sitio e –afortunadamente– sempre aparecen figuras que desbaratan os cálculos daqueles que alegremente diagnostican a morte do autor. Se queren constatalo, vaian ver sen demora Crónicas de días enteiros, de noites enteiras e recuperen o sentido máis auténtico da expresión literatura dramática.
Factoría Teatro acerta, xa de entrada, ao poñer en escena –até onde eu sei, por primeira vez no noso país– a Xavier Durringer, un autor que aínda acredita na linguaxe como instrumento para afondar nos conflitos que atenazan o ser humano, unha especie de Mark Ravenhill dotado da furia de Koltés que consegue nos seus textos un sorprendente equilibrio entre a provocación inconformista e a tenrura poética. Crónicas… é un magnífico exemplo de como se pode montar un espectáculo complexo e polimorfo baseado na palabra, nos relatos de personaxes que reviran e retorcen a linguaxe para dar expresado unha angustia que, se cadra, non entenden.
A obra fai uso dunha fragmentaria estética polaroid, presentándonos cinco personaxes en flashs breves e lacónicos, en principio desconcertantes: fragmentos de accións e diálogos barallados ao chou, sen un fío temporal que lles dea unidade, situados nun espazo neutro e indeterminado que subliña a soidade dos protagonistas. Son homes e mulleres do noso tempo, afogados polo artificiosa abundancia dunha sociedade que, paradoxalmente, non permite unha auténtica comunicación; seres perdidos en busca do que Handke chamaba “o momento da sensación verdadeira”. Pouco e pouco eses anacos de vidas van debuxando uns personaxes que sospeitan que quizais o absurdo gañou a partida, que oscilan entre a esperanza de atopar un contacto e o desalento de quen ve como a vida se pon na súa contra. “A vida é o que nos mata”, repiten.
E ese o seu discurso acaba en acusación ao público, á sociedade consciente que non reacciona ante a virtualidade e a trivialización dos sentimentos. A sistemática busca do sentido, dinnos, acabou por baleirarnos de sensacións. Por iso buscan desesperados algo que os conmova, sobre todo amor (Love shack, cantan os B-52s), o eterno elixir. Pero tamén sexo, desexo, maternidade, amizade… mesmo a decepción ou a dor. Calquera cousa con tal que sexa auténtica. “O que doe non é o golpe, o que doe é non velo vir”. E ese berro exasperado toma corpo nunha lingua metade lírica, metade procaz.
Cun texto tan completo, pensarán algúns, é doado montar un bo espectáculo. Ao contrario, o risco de non estar á altura das palabras era enorme. Factoría opta por espir o texto de circunstancias explicativas, por fuxir da retórica escénica de novo rico, por darlle á palabra o protagonismo confiando na intelixencia do espectador, que deberá construír o discurso a partir dos retallos que van iluminando os caracteres e a desorientación dos personaxes.
O elenco demostra comprender ben o que ten entre mans e a enerxía vai medrando a partir do intercambio, do traballo de escena. Sería inxusto destacar o labor de ningún dos actores porque todos conseguen momentos estupendos, facendo un continuo alarde de ironía e de arrogancia –no bo sentido da palabra– durante toda a función. Talvez o ritmo se lles escapa por momentos, levados pola frenético dinámica que contén a obra: aí hai que axustar. O coidado movemento escénico achega a estética non a danza, mais si a unha estética moi contemporánea que axuda, ao mesmo tempo, a distanciar e a destacar sutilmente os momentos máis dramáticos. O contido emprego do vídeo achega beleza dando claves para a comprensión do texto.
Demostra esta obra que para facer un bo espectáculo non se precisan enormes sumas de diñeiro, que a dirección pode ser unha arte cando traballa a favor do texto, que os actores seguen a ser o elemento fundamental do teatro e que o ensaio metódico con eles resulta imprescindíbel. Todos aqueles que aínda temen o teatro contemporáneo –quizais desencantados polo maltrato que adoita recibir ese ambiguo concepto– deberían asistir a esta función: atoparán razóns para estimalo. Tanto coma os habituais que encheron o Teatro Principal de Santiago, que ovacionou con entusiasmo." Manuel Xestoso

miércoles, 27 de agosto de 2008

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12823


O 28 de xuño de 2008 abriuse ao público o blog “Crónicas de Crónicas”, no que a compañía de teatro Factoría Teatro e a de danza, Disque Danza abriron ao público o proceso de creación da montaxe que van inaugurar este domingo. Un lugar no que se puido achegar ideas libremente que, os actores podían coller (ou non) mentres estaban a construir as personaxes que representaban na obra. “Non é a primeira vez que incluiramos un blog como parte dun dos nosos espectáculos, porque para nós é un medio de comunciación, e se non sabes o que pensa o receptor non podes pechar o círculo” di Alfredo Rodríguez, membro de Factoría Teatro e director do espectáculo. Sen embargo, esta ocasión foi un pouco diferente, xa que o blog xurdiu como complemento dun curso de creación escénica que os dous directores da montaxe deron no marco da mostra de teatro cómico e festivo de Cangas. “Era un obradoiro no que tamén participaron os actores que pretendía ser como unha especie de crónica dunha creación escénica, na que ensinabamos como afrontar un texto, desde o vestiario, a luz, os actores que quixmos abrilo ao público, aos que foron o curso, á xente que é fiel ás montaxes de Factoría Teatro e que así todo o mundo puidera dar as súas suxestións”. Ademais, todo ese percorrido desde que se decide crear a obra ata que se puxo en marcha está perfectamente documetnada nun dosier pedagóxico que publicou A nosa Terra como material auxiliar que está pensado para institutos, tal e como explica o director da montaxe.Un proceso integralPero Crónica de días enteiros, de noites enteiras non destaca só polo participativo proceso creativo, senón porque se trata dun complexo puzzle que mestura un texto moi particular (é do autor Xavier Durringer, un polifacético creador francés moi destacado na dramaturxia contemporánea), adaptado para o teatro por Alfredo Rodríguez, nunha xestualidade chegada do mundo da danza a cargo de Olga Cameselle, con vestiario de La Canalla e os espazos sonoros de Xesús Valle. “Tanto Olga Cameselle coma eu, quixemos poñer en marcha un grupo de traballo que desde todos os ámbitos que forman parte dun espectáculo con linguaxes distintas, perspectivas tamén diferentes para reforzar a busca do amor” asegura Alfredo Rodríguez. Deste xeito, durante máis dun ano, cada un dos integrantes desta montaxe estiveron a pensar en como buscar unha posta en escena efectista para acentuar esa procura do amor nas súas múltiples variantes. O resultado é moi particular, desde sons das cardiopatías que pretenden recoller o sufrimento do ser humano, como un vestiario axeitado para esas crónicas de día e de noite. Alén do peculiar resultado final desta montaxe que está en xira dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Crónicas de días enteiros, de noites enteiras é o resultado dun intenso proceso de traballo entre Factoría Teatro e Disque Danza que levan anos de traballo xuntos reflexionando polo camiño que hai entre a danza e o teatro. Un percorrido que perimtiu abrir hai uns anos “A artística” un espazo de creación e experimentación escénica que ambas compañías teñen en Vigo.Por último, esta obra foi estreada en Francia, con grande éxito de público, baixo o título de Polaroid. Foi o propio autor, Xavier Durringer, o que se encargou de levalo á escena coa súa propia compañía de teatro e, aproveitaba as fotografías instantáneas para ir construindo a historia dos cinco personaxes.

martes, 26 de agosto de 2008

Durringer a la gallega, La Voz de Galicia edic. Vigo 19 Agosto 2008


Teatro Durringer a la gallega
Alfredo Rodríguez y Olga Cameselle estrenarán el domingo una adaptación a la sociedad gallega de una obra del autor francés
Autor:
Jorge Lamas
Fecha de publicación:19/8/2008
«Hai noites enteiras nas que non durmo....», se afirma en Crónicas de días enteiros , noites enteiras, texto creado por Xavier Durringer, uno de los autores teatrales más reconocidos en el ámbito europeo de la escena contemporánea. El próximo domingo, a partir de las 21.30 horas, se podrá ver sobre el escenario del auditorio municipal de Cangas el resultado de la adaptación a la realidad gallega realizada por Alfredo Rodríguez y Olga Cameselle, directores artísticos de A Factoría Teatro y Disquedanza.
No es un montaje más. Desborda imaginación en todos sus planteamientos, y aglutina a reconocidos profesionales gallegos de diversos ámbitos, entre los que destaca la presencia de la firma viguesa de ropa La Canalla, que diseñó un vestuario acorde con el argumento de la obra. Todos los patrones se pueden ver en las imágenes que coronan esta información.
Dos meses de montaje
El trabajo que desarrollan todos los integrantes de este proyecto, desde el pasado 28 de junio, se puede seguir día a día en Internet, accediendo a la dirección http://cronicasdecronicas.blogspot.com/. En este espacio los cibernautas comentan sus impresiones directamente con los responsable del montaje, aunque en algunos casos, la conversación deriva por derroteros inesperados.
El blog está ampliamente ilustrado con las fotografías realizadas por la joven creadora viguesa Andrea Costas.
Para Alfredo Rodríguez, las similitudes de esta obra con la sociedad urbana gallega, la fuerza de los textos y las semejanzas con la sociedad en la que estamos viviendo, fueron los motivos que le impulsaron a llevar esta pieza teatral a los escenarios.
Olga Cameselle, por su parte, asumió el reto de encontrar un movimiento escénico, en una obra basada en el texto y desubicada en el espacio. «No es una coreografía al estilo habitual, trabajé los segundos planos porque el texto es muy abierto y deja cosas en el aire que yo aprovecho para construir», afirma la coreógrafa viguesa.
Cinco personajes
Con estos argumentos, Xosé Esperante, Anabel Gago, Gena Bahamonde, Fran Peleteiro y Santiago Cortegoso asumen los papeles de cinco personajes que, en un espacio frío, destapan sus miedos, su perfil y sus inquietudes. Son relaciones basadas en el amor, en el deseo, en la sensualidad y en las confrontaciones personales y sociales contemporáneas.
«Noites enteiras nas que non durmo, noites enteiras...».

http://www.anosaterra.org/seccion/cultura/




Alfredo Rodríguez, director teatral
'Esta obra é coma un quebracabezas'
Lara Rozados . Este domingo 24 estreouse no Auditorio Municipal de Cangas 'Crónicas de Días Enteiros, de Noites Enteiras', unha coprodución de A Factoría Teatro e Disquedanza que traduce ao galego o texto de Xavier Durringer. Falamos cun dos directores da montaxe, Alfredo Rodríguez, que levou adiante a produción deste espectáculo xunto con Olga Cameselle.
26.08.2008 08:00
TAGS: entrevista , artes escénicas , Alfredo Rodríguez , Factoría , Disquedanza
Como adaptaron o texto de Xavier Durringer á sociedade urbana galega?
O texto é moi fragmentario, son pequenos monólogos. En palabras do autor, é o "traballo de dez anos encaixonado, pequenos fragmentos, polaroids". Así lle chamou en principio, cando a estreou coa súa compañía (La Lézarde, que dirixía dende o 89. A obra titulábase Polaroïd e cando saíu, no 95, en Editions Théâtrales pasou a titularse xa Chronique des jours entiers, des nuits entières). Os personaxes son dunha xeración arredor dos 35 anos que se desenvolven na vida urbana. Isto non quere dicir necesariamente que vivan na urbe: podemos atopar xente urbana no Courel, polas novas formas de relación que vivimos, a uniformidade diso que chaman "aldea global".
E como foi o proceso creativo? Integraron o traballo do elenco, o traballo creativo de vestiario, luz, espazo sonoro...
Démoslle unhas mesmas consignas a toda a xente que traballaba, fose no espazo escénico, no vestiario, no elenco... O texto dábanos esa posibilidade, a de armalo e desarmalo, como se fose un quebracabezas, e antes de ensaiar fomos sumando propostas, traballando paralelamente vestiario (a cargo de La Canalla), espazo sonoro... Foi un traballo longo, que levou moito tempo, e moitas discusións por momentos. Foi un proceso de creación en que participou todo o mundo e se foron incorporando opinións. Dende o principio había unha aposta estética moi clara, e dende aí, o proxecto se foi desenvolvendo de forma moi natural.
Danlle importancia á presenza da fotografía e do vídeo. Que papel desempeña esta convivencia de formatos na montaxe?
A fotografía entraba moi ben como un elemento poético, que tiña que ver coa fragmentariedade, coas pequenas crónicas, as polaroids que integran o texto. E o vídeo serve para transgredir un pouco o espazo escénico pechado. É como unha fiestra ao exterior, que reflicte o paso do tempo, dos días e as noites. No propio texto non hai referencias explícitas ao paso do tempo, dá a sensación de que a vida é algo que está pasando fóra. O espazo escénico só recolle o que hai dentro das intimidades dos personaxes. A obra trata sobre a busca do amor, sexa sexo, sexa protección, sexa para vencer o medo á soidade.
E todo este proxecto, en dous meses, dende xuño...
Tivemos a sorte de arrodearnos dun grande equipo. O elenco tiña unha clase de adestramento corporal e outra de voz cada día, e despois xa chegabamos Olga e mais eu a traballar e a montar as escenas. Foi posíbel levala adiante grazas á enorme xenerosidade dos actores e actrices. Amais, dende as compañías pequenas non podemos alongar demasiado o traballo de produción.
Como foi a estrea?
O público reaccionou moi ben, mesmo houbo unha sensación xeral de gana de volvela ver, xa que é bastante densa, tamén a nivel estético. Trátase dunha proposta novidosa e o espectador atópase no camiño de seguir o texto cunha mensaxe, cunha reflexión: "a quen de vós non lle pasou nunca unha cousa así?" Máis que dar respostas, o autor quere formular preguntas. De feito, os personaxes lánzanlle preguntas ao público, recrimínanlle "vostedes queren mal", mesmo achéganse e mestúranse entre eles.
De novo, como xa fixera Factoría con Os homes só contan até tres e Castronós, crearon un blog sobre a obra. Que nova dimensión lles achega? É curioso como o blog serve para aportar máis información sobre os personaxes, mesmo en forma de vídeo...
É unha porta aberta. Naqueles casos o blog nacera despois de que se estreasen as obras, pero esta vez serviunos dende o propio proceso de produción como porta de diálogo para os personaxes. En canto á creación dos vídeos, nos ensaios démoslles a cada un dos actores e actrices unha cámara, para que cadaquén montase a vida do seu personaxe: "este é o meu coche, esta é a miña casa, estes son os meus ídolos musicais..." Tratábase de traballar dende moitos puntos de vista (a palabra, o corpo, a música), e foi moi gratificante, tendo en conta, sobre todo, o pouco tempo para ensaios, termos esta ferramenta para traballar os personaxes.
Como estabeleceron o traballo en coprodución A Factoría e Disquedanza?
Foi un proceso natural: compartimos espazo de traballo dende o 2000, que ensaiamos na Artística, en Vigo. Sempre colaboramos entre nós: xa en Castronós Olga Cameselle tivo unha participación importante, e nós temos traballado tamén con Disquedanza. Temos un xeito de traballar parecido, hai un punto común entre as dúas linguaxes. En oito anos que levamos traballando xuntos é lóxico que nos foramos achegando e achegando os nosos discursos. E por aí van seguir os tiros, non é só unha colaboración puntual.
Proxectan xa a seguinte montaxe?
Se esta montaxe é basicamente textual, cun soporte moi teatral, que é a palabra, a seguinte seguramente sexa todo o contrario. Probablemente tanto Olga como eu esteamos en escena, esta vez, e o proxecto ten que ver coas identidades, coa memoria persoal de cadaquén.
Que función cumpre o caderno pedagóxico sobre o espectáculo (editado por A Nosa Terra-Promocións Culturais Galegas)?
O que fixemos nese caderno para a reflexión na escola é, dende a crónica, dende un formato moi periodístico, que cadaquén dos profesionais do proceso escénico, dende a dirección ao vestiario, pasando polo elenco ou a elaboración dos vídeos, achegase uns materiais para a reflexión, para que a xente se achegue á obra como a unha linguaxe total.

domingo, 24 de agosto de 2008

Como dicir o texto......


Nesas estamos.
Dándolle voltas para descubrir cousas como “el non sabía que estaba vivindo a súa derradeira hora de home solitario”, “eu non a había ferir a primeira noite”, “parezo un tipo de muller sen tipo”, “tómannos por faisáns de engorde”.
Atopamos palabras como: fato, esbarrigábame, esfrangullar, peneirabámonos, baballar, rebirimbeques, podremia, envurullar, soerga, zumega, esvaradía....... E temos que atopalas e descubrilas e sentilas enchendo as nosas bocas....esas bocas que falan e falan e falan.... “hostia teño que deixar de falar....”.
Emocións, sensacións, medos, todo contido nas palabras que din..... e nas que non din. Descubrir as palabras, as que están aquí, non outras, tal e como están aquí, co que din e co que non din, co que queren dicir e co que non se atreven a dicir, esas, esas palabras, e facelas nosas....e vosas.
¿Como facelo?
Pois nesas estamos.


Nuria Gullón

sábado, 23 de agosto de 2008

fainos a túa crítica Cangas 24-08-08, Santiago 05/06-09-08, O Carballiño 08-09-08

Se estiveches na estrea, gustaríanos que fixeras a túa Crónica das nosas "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras".Ao comentario mais orixinal regalamos unha botella de ghaseosa a Pitusa....e xa sabes "esta noite querida... Champagne".

viernes, 22 de agosto de 2008

Pierre na súa intimidade



Pierre-Vou beber para ti, voume afogar para ti ata que a miña cabeza se poña mol como unha sandía, oca e enchoupada, arrolándose pola rúa, agardando que calquera a patee, a mexar sangue, a vomitar viño malo, a derramarse toda fláccida contra unha beira da cama, polo furado do váter, para o fondo, alí para o fondo, verse baleirar, no charquiño.

Silvi e Gaspar na intimidade


SILVIA: A min sabes que é o que me gusta? Cando chove e os limpaparabrisas fan chac chac chac e comer galletas Príncipe, cresme, non? Sempre teño diso no bolso, cando levo galletas é coma se andivese protexida e nada malo me poida pasar, coma se levase un anxiño ou algo por riba da miña cabeza...GASPAR: Agora son eu o que te protexe.SILVIA: Vale, daquela non necesito o outro...GASPAR: Pois non, non é preciso, eu vallo por todos os anxos da terra, tes un problema, chámasme, aparezo, dende onde sexa, en calquera momento!SILVIA: Pois que guai!

Fred e Luci na intimidade



FRED: Ben me decato de que non tas aquí, si, ben me decato de que non escoitas!
LUCI: Si, si...
FRED: Non digas "si, si", non tas aquí, tas nalgures, onde tas?
LUCI: Estou aquí.
FRED: Onde?
LUCI: Aquí, canda ti, diante de ti!
FRED: Que máis ten.
LUCI: Que máis ten o que?
FRED: Que me rompa o nabo, non me escoitas!
LUCI: Si...
FRED: Non...
LUCI: Merda!
FRED: Que?
LUCI: Merda!
FRED: Si, ouh?
(só) Iso é, lisca!.. Total, éche a mesma conta. Teño que deixar... Teño que deixar de falar...

A Viaxe de Crónicas



Fran Peleteiro, Santiago Cortegoso Xose Esperante, Gena Baamonde e Anabel Gago retratados `por Andrea Costas.

Andan a procura deles mesmos. Procuran con ansia con tódalas súas forzas. Coa súa voz, cos seus movementos, os seus textos, cos obxectos, coas súas músicas, as súas imaxes, os seus ruidos….
Isto o narramos en forma de crónicas. Unha suma de polaroids sobre as súas vidas.
Nunhas escenas vemos retazos das súas vidas cotias, das súas relacións…… e noutras escenas a eles mesmos e sós; como pensan, soñan, falan de eles mesmos.
Durante o día se vive, encontros e desencontros, relacións que pasan perto de nós. Algunhas as respiramos, as reimos, as laiamos e outras simplemente pasan.
Durante a noite, a nosa intimidade; os nosos desexos; os nosos puntos de vista; os nosos credos; as nosas cancións, as nosas xustificacións; e, pola noite, os soños.
Crónicas destas noites enteiras e crónicas destes días enteiros, presentado como un collage, un andel de pequenos fragmentos, de retazos de vidas, para expresar un desexo; o amor.

Ven, estas son as nosas crónicas




Luci, Fred, Pierre, Gaspar e Silvi en Cronicas de dias enteiros de noites enteiras.
"Heivos falar un pouco, de todo, de todo ese peso sobre o meu ventre que pesa nel desde sempre, como unha enorme gana de cagar, quérovos falar sen mentir, sen darlle voltas, sen agochar nada, directo aos ollos."
Pretendemos conectar cunha temática tan universal como é a procura da felicidade, do amor; desde o filtro de hoxe en día, desde a nosa realidade. mediatizada polo virtual, pola velocidade, por unha comunicación anónima …que determina as relacións na actualidade.
E qué é do amor e dos amores?. L´amour e a verdadeira natureza das persoas, o verdadeiro instinto básico. O amor que se soña e no que se cre. Nestes tempos onde non importa que calquera fale no nome do amor. No espectáculo tentamos facer falar ao amor mesmo e así en directo, para que os poucos metros cadrados da escena convírtanse nun escenario máxico. Nun caluroso plató de preguntas. Plantexar preguntas . Servilas non respostalas. Amosalas para que o público faga a súa propia crónica dos seus dias e das súas noites. Días nos que se vive e noites nas que se soña.






















jueves, 21 de agosto de 2008

ANIMATE E VEN



O equipo de "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras" de X. Durringer, esta feliz de podervos presentar o seu traballo, podedelo facer en:







Auditorio Municipal de Cangas 24-08-08.
Teatro Principal de Santiago de Compostela 5/6-09-08.
Festival Teatro Galego en Carballiño 8-09-08.
Auditorio Carmén Estevez de Vilalba 27-09-08.
Centro Cultural Caixanova de Vigo 28-09-08.
Teatro Jofre 5-10-08.

martes, 19 de agosto de 2008

ESTREA 24 de agosto


O domingo 24 de agosto estrea absoluta de "Crónicas de días enteiros e noites enteiras" no auditorio municipal de Cangas ás 21:30h.

sábado, 16 de agosto de 2008

Xesús Valle



XESUS VALLE COMPOSITOR DO ESPAZO SONORO
CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS, DE NOITES ENTEIRAS, de X. DURRINGER
A FACTORÍA TEATRO e DISQUE DANZA


Cada personaxe é único, irrepetible.
A banda sonora de cada un, componse de pensamentos e silencios.
O son da pel transitando os recordos, os desexos, a vida.
O silencio das mentiras, as dúbidas e manias.
O son dos nosos pasos, viaxes e présas.
O Silencio que non chega cando intentas durmir.

Monica Sueiro


MONICA SUEIRO: AXUDANTE DE DIRECCIÓN
CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS, DE NOITES ENTEIRAS, de X. DURRINGER
A FACTORÍA TEATRO e DISQUE DANZA

Axudar á dirección para que o tráfico que circula por toda esta gran maquinaria chamada Crónicas, que agora está en proceso de colocación e engranaxe de todas as súas pezas, teña o menor número de atrancos posibles e flúa.





Ser ponte de comunicación entre as partes coas pequenas cousas e as necesidades que van xurdindo tras os ensaios. Axudar co texto a quen o necesita e o pide, dende a palabra, sen saltarse unha coma, un punto... O texto debe estar ben memorizado, para non ser un obstáculo no traballo sobre a táboa nos ensaios. Medir tempos, anotar marcas de dirección, tránsitos polas escenas, dar notas de texto despóis dos pases, rexistrar o traballo de cada día,recordar traballos pendentes, horarios de ensaios, entrar no blog, participar nos trainings de corpo e voz...
Ser espectadora activa nun proceso creativo que está resultando ser apaisoante, sincero e cheo de vida.

lunes, 28 de julio de 2008

Sylvie por La Canalla



Quere diferenciarse vestindo á última, pero o único que consegue é pertencer á masa polo que pasa desapercibida

Pierre por La Canalla



Vai sempre a última, é un tipo fashion, seguro de si mesmo,con certo aire bohemio e idealista, defensor da verdade.

Anabel Gago

Anabell Gago comeza a súa andadura no teatro profesional en 1994 con Roberto Vidal Bolaño e
dende entón sempre estivo presente na escena galega da man de diversas compañías.
Teatro do Aquí, A factoría Teatro e Berrobambán son as compañías que con máis frecuencia
contaron con ela nos seus repartos.
Tamén puido ser vista na serie Rías Baixas coa que gravou 69 capítulos.
Foi galardoada cos premios María Casares 2006 á millor actriz protagonista e no 2007 á millor
actriz secundaria.

Fran Peleteiro


Fran Peleteiro actor vigués formado no teatro afeccionado galego
e actualmente alumno da 1ª promoción da Escola Superior de
Arte Dramático de Galicia. Como actor de teatro ten traballado no
Centro Dramático Galego,tamén colaborado con compañías como La Cubana,
Leo Bassi ou La Fura dels Baus. No eido audiovisual ten protagonizado
varias curtas, aparecido en longametraxes coma "Los lunes al sol" ou "Patahorobí",
e tamén guionizado e protagonizado esqueches cómicos para TVG.
Ten experiencia tamén como director e dramaturgo, gañando o premio Estornela
de Teatro Infantil no 2004. Asemade, crea e presenta a única liga de improvisación para afeccionados de España, a L.I.X.A."

Gena Baamonde



Gena Baamonde é actualmente alumna de dirección da ESADG, ven de traballar con Guillermo Weiker e tamén fixo traballos con Andrés Corchero, con Mónica Valenciano e con Matarile Teatro. Tamén estivo de asistente de dirección na obra do CDG Val de Muller (títeres).

Santiago Cortegoso


Despois de formarse en grupos de teatro independente (AURIN, DITEA) e universitario (EIS, da Univ. de Santiago) e titularse como ESPECIALISTA EN ARTE DRAMÁTICA pola Univ. de Santiago-IGAEM (1.998), ten traballado como actor en diversas compañías:
TEATRO DE NINGURES: BAILADELA DA MORTE DITOSA, de R. V. Bolaño, EMIGRADOS, de VV. AA., TARTUFO, de Molière, CÍRCULO, de Suso de Toro, FAUSTO, de Marlowe, etc., baixo a dirección de Etelvino Vázquez;
NOVE DOUS TEATRO: FÓRA DE XOGO, escrita e dirixida por Maxi Rodríguez, LLU LLU TEATRO (compañía propia): ÑAQUE, ou de piollos e actores, de S. Sinisterra e O CIRCO ENMEIGADO, de Rafael Dieste, baixo a dirección de Salvador del Río.
No eido audiovisual, traballa habitualmente como actor de dobraxe e ten participado en películas como “Heroína” e “Una mujer invisible”, de Gerardo Herrero e en “Pradolongo”, de Ignacio Vilar, así como nas series “As leis de Celavella” e “Rías Baixas”.
Desde o ano 2.001 traballa na AULA DE TEATRO da UNIV. DE VIGO (Campus Pontevedra) como axudante de dirección e tradutor dun espectáculo anual.
Asimesmo, leva dous anos participando nos TALLERES DE ESCRITA (Pistas para unha dramaturxia de actualidade), no C.D.G., coordinados por Cándido Pazó e o seu texto HÁMSTER foi seleccionado este ano para ser montado nos Encontros en Magalia, organizados pola Rede de Teatros Alternativos.

Xosé Esperante


Xosé M. Esperante, empeza a colaborar coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2005, e dende aquela ten participado en espectáculos de compañías como Galileo, UVEGÁ, Escama, Centro Dramático Galego, Caramuxo, Arela das Artes, A Factoría teatro...
No ano 2000 fai o seu primeiro traballo como actor para soporte audiovisual, sendo un dos protagonistas da serie da TVG, Galicia Exprés. Ten aparecido ata o de agora en varias series, tv-movies, longametraxes e curtametraxes de ficción ("Malas temporadas", "O ano da carracha", "O lapis do carpinteiro", "El comisario", "Amar en tiempos revueltos", "Cuéntame", "A vida por diante", "Terras de Miranda", "Os Atlánticos", "O tesouro"...). Polo seu traballo na curtametraxe "Inútil", dirixida por Paco Rañal, foi recoñécido coma mellor actor da III Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, ano 2001. "

Caderno didáctico




A Factoría teatro, Disquedanza e a publicación galega A NOSA TERRA, están a deseñar un caderno didáctico sobre a obra de Durringer "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras". Trátase dunha colaboración para a difusión do teatro feito en galego, onde se explicará o proceso de creación desta nova produción escénica. 

Las



Lucie por La Canalla



É unha muller segura de si mesma, sobria nas formas, práctica e funcional a pesares do seu romanticismo vital

Gaspard por La Canalla



Coma recen chegado, quere encaixar, usa a roupa coma sinal de pertenza a unha sociedade nova para el

domingo, 27 de julio de 2008

Fred por La Canalla



Viste coma un adolescente, identifícase coa marca, con certo aire militar, deportivo típico dos tipos inseguros

Bocetos de La Canalla


O primeiro achegamento o vestiario de “ Crónicas de días enteiros, de noites enteiras” xurde dasonversas con Alfredo Rodríguez y Olga Cameselle.
Nesta fase a conclusión acadada foi a de que a peza de Durringer é un todo formado de partes inconexas, intercambiábeis e non pechadas.
O día e a noite se suceden dun xeito aleatorio e caótico. Cadaquén pode asumir o texto que mellor lle convén. Tódolos personaxes son diferentes nas súas formas de expresión mais iguais nos obxectivos dos seus mais íntimos desexos. A procura da felicidade e o amor verdadeiro.

miércoles, 23 de julio de 2008

miércoles, 16 de julio de 2008

martes, 15 de julio de 2008

Xavier Durringer


O AUTOR
Xavier DURRINGER nado o 1 de decembro do 1963 en París.Diríxe a compañía de Teatro "la Grieta" desde 1989, para a cal escribe e pon en escena os espectáculos. Escribe tamén e realiza para o cine.

lunes, 14 de julio de 2008

Gaspar

"sentinme so e parvo ao andar como por primeira vez... non tedes idea de nada, nin de soidades, nin de amor, vos non sodes mais ca falabaratos dunha anémica hora de mala radio nocturna..."

Gaspar

jueves, 10 de julio de 2008

Silvia










Parezo un tipo de muller sen tipo.
Ninguén se xira para mirarme.
Dinme a miúdo que me parezo a alguén.
Teño un nome común que nunca lembra ninguén, SILVIA, a ver, diga SILVIA, SILVIA, SIL-VIA, varias veces ata que lle entre na cachola!

domingo, 6 de julio de 2008

viernes, 4 de julio de 2008

LUCI:

Pousa o seus ollos en min coma queimaduras de cigarro. Le dentro, aí, dentro da miña cachola. Atravésame, le dentro, dentro da miña cachola. Ráscame tras dos ollos, insinúase, arrástrase, roe, perfora.
Así que, despois, non é de estrañar que me doa a cachola, nas tempas, son a campiona da sinusite, da conxuntivite, das lagañas na esquina do ollo, igual ca os gatiños cando nacen, que teño o ventre podre, que incho, que como as uñas... e a cachola, que choro por nada, e esquézoo todo na miña cabeza de aire, como di el.
Pero a cabeza de aire está chea de listas de recados que facer, chea de pranchas, de slips e calzóns, de lixivia, de esponxas e de Ajax para o váter, do zunido da aspiradora que a marea.

martes, 1 de julio de 2008

PIERRE

Non hai que pagar, 
non temos nada que pagar, enténdelo? 
Non temos nada que pagar. 
Non debemos nada, eu non lle debo nada a ninguén...

sábado, 28 de junio de 2008

Alfredo Rodríguez na primeira lectura do texto







Hai noites enteiras nas que non durmo...
Noites enteiras nas que non durmo, noites enteiras...
Non podo, dou voltas para un lado e para outro, ordeno as miñas ideas. Punto.
Hai noites enteiras nas que non durmo... non debo ser o único...
pero non podo...

Hai días enteiros nos que penso en ti.
Vésme coma un directo no estómago, fúrasme, atravésasme coma unha dor de moas dentro da cabeza.
Ti adurmiñas, toqueneas tranquila estirándote, no fondo de min,
abríndote en min.