
Despois de formarse en grupos de teatro independente (AURIN, DITEA) e universitario (EIS, da Univ. de Santiago) e titularse como ESPECIALISTA EN ARTE DRAMÁTICA pola Univ. de Santiago-IGAEM (1.998), ten traballado como actor en diversas compañías:
TEATRO DE NINGURES: BAILADELA DA MORTE DITOSA, de R. V. Bolaño, EMIGRADOS, de VV. AA., TARTUFO, de Molière, CÍRCULO, de Suso de Toro, FAUSTO, de Marlowe, etc., baixo a dirección de Etelvino Vázquez;
NOVE DOUS TEATRO: FÓRA DE XOGO, escrita e dirixida por Maxi Rodríguez, LLU LLU TEATRO (compañía propia): ÑAQUE, ou de piollos e actores, de S. Sinisterra e O CIRCO ENMEIGADO, de Rafael Dieste, baixo a dirección de Salvador del Río.
No eido audiovisual, traballa habitualmente como actor de dobraxe e ten participado en películas como “Heroína” e “Una mujer invisible”, de Gerardo Herrero e en “Pradolongo”, de Ignacio Vilar, así como nas series “As leis de Celavella” e “Rías Baixas”.
Desde o ano 2.001 traballa na AULA DE TEATRO da UNIV. DE VIGO (Campus Pontevedra) como axudante de dirección e tradutor dun espectáculo anual.
Asimesmo, leva dous anos participando nos TALLERES DE ESCRITA (Pistas para unha dramaturxia de actualidade), no C.D.G., coordinados por Cándido Pazó e o seu texto HÁMSTER foi seleccionado este ano para ser montado nos Encontros en Magalia, organizados pola Rede de Teatros Alternativos.
11 comentarios:
Hola Santi, que tal estas no papel de Fred, que hai entre tu y Fred en común?
Penso que non teño nada en común con Fred. É máis, diría que somos contrarios na reacción ante os problemas da vida e no modo de relacionarnos cos demais. Pero estoume divertindo moito xogando a ser Fred, porque a violencia, a agresividade e a rabia levámolas todos dentro. Son sentimentos tan humanos coma outros calquera. E xogar con eles no teatro é unha exploración por terreos estraños do comportamento humano. E tamén, en certo modo, unha descarga. Vamos, que sacar a mala hostia de vez en cando presta un cacho.
xa,xa,xa... non tes nada que ver con él, pero si dis que todo home ou muller ten un lado oculto....logo ti non eres home?
Xa sabes que o camiño da violencia, ten moito de morboso...de tontear cos límites....ollo eso é un camiño sen retorno.
non sabia ese teu don, Santi.Escritor... que tal foi todo por Magalia
Cómo cres que Fred enleouse con Luci?. Pensas que Fred tivo unha actitude activa de verdade no comezo da súa relación? E Pierre?
Con que cousas estás a desfrutar máis que con cais menos?
Fred, a ver cando deixas a Luci, que son amiga dela e pónme mogollón. A min vanme as tías como a ti, sabes?
Ola Santi, quería saber qué pensas sobre a inocencia na túa personaxe, quero dicir que calquera persoa "adulta" mantén un aquel de cativa e cecáis algún grado de inocencia, qué ten Fred disto?
que signo do zodíaco é Fred
Parabens Santi, bó traballo.
Publicar un comentario