
Fran Peleteiro actor vigués formado no teatro afeccionado galego
e actualmente alumno da 1ª promoción da Escola Superior de
Arte Dramático de Galicia. Como actor de teatro ten traballado no
Centro Dramático Galego,tamén colaborado con compañías como La Cubana,
Leo Bassi ou La Fura dels Baus. No eido audiovisual ten protagonizado
varias curtas, aparecido en longametraxes coma "Los lunes al sol" ou "Patahorobí",
e tamén guionizado e protagonizado esqueches cómicos para TVG.
Ten experiencia tamén como director e dramaturgo, gañando o premio Estornela
de Teatro Infantil no 2004. Asemade, crea e presenta a única liga de improvisación para afeccionados de España, a L.I.X.A."
11 comentarios:
Hola Fran, que tal estas no papel de Pierre, que hai entre tu y Pierre en común?
Qué cousas te están gustando máis da montaxe e cal menos?
Ben, anónimo un. O papel de Pierre require que baixe moitísimo máis ás miñas profundidades; teño pouco tempo pero agardo poder estar ao nivel d@s compañeir@s. Que teño en común con Pierre?, pois a verdade creo que no fondo me asemello máis do que me gustaría, o que pasa é que eu son máis moderado, non teño a vena exhibicionista tan desenvolta como él. A Pierre quéroo, pero estame facendo a vida imposible... inda que sei que será un dos meus grandes amores teatrais.
Ola anónimo dous. A verdade é que é a primeira vez que traballo con Factoría pero así, a botepronto, gústame a rigurosidade nos ensaios, o medido que está todo en canto a tempos, movementos e ritmo de escena. Coido que é unha montaxe moi urbanita , no que cada espectador tirará a súa lectura particular e verase reflictido nalgunha das cinco personaxes ou nas situacións cotiás que se presentan. O xeito de enfoca-lo texto por parte de Alfredo e Olga confírelle moita frescura e dinamismo. Estou seguro de que a xente quererá vela máis dunha vez pra apreciar tódolos detalles. Sinxela, coral e contundente.
Espero impaciente le estreno, allí estaré!!
Firmado: Anónimo
(xia)
Ola Fran!
Encantada coa nova!
Xa apuntei a data na axenda do móbil, penso estar alí.
Un abrazo e bicos.
Ana Mariño
(Eih, non hai + fotos túas? Jeje)
fran, fran, fran:
asi que tes que baixar as tuas profundidades, eso teria que ser doado no?
Teño moitas gañas de ver a vosa obra. O equipo penso que foielexido moi acertadamente e está repleto de moi bos profesonais. Agardo a voso traballo con moitas ganas de disfrutar. De seguro que a verei mais dunha vez. Moita merda a todos.
Fran, nas entradas da túa personaxe Pierre, todo o mundo fala dun show, dun espectáculo que fai e dunha tal Paquita,mummm, tendes un show dentro da obra, cantas sorpresas conten Crónicas de días enteiros, de noites enteiras?
Fran Peleteiro, vaia sorpresa! Parabens
Con qué te quedas desta experiencia?
Publicar un comentario