lunes, 28 de julio de 2008

Sylvie por La Canalla



Quere diferenciarse vestindo á última, pero o único que consegue é pertencer á masa polo que pasa desapercibida

Pierre por La Canalla



Vai sempre a última, é un tipo fashion, seguro de si mesmo,con certo aire bohemio e idealista, defensor da verdade.

Anabel Gago

Anabell Gago comeza a súa andadura no teatro profesional en 1994 con Roberto Vidal Bolaño e
dende entón sempre estivo presente na escena galega da man de diversas compañías.
Teatro do Aquí, A factoría Teatro e Berrobambán son as compañías que con máis frecuencia
contaron con ela nos seus repartos.
Tamén puido ser vista na serie Rías Baixas coa que gravou 69 capítulos.
Foi galardoada cos premios María Casares 2006 á millor actriz protagonista e no 2007 á millor
actriz secundaria.

Fran Peleteiro


Fran Peleteiro actor vigués formado no teatro afeccionado galego
e actualmente alumno da 1ª promoción da Escola Superior de
Arte Dramático de Galicia. Como actor de teatro ten traballado no
Centro Dramático Galego,tamén colaborado con compañías como La Cubana,
Leo Bassi ou La Fura dels Baus. No eido audiovisual ten protagonizado
varias curtas, aparecido en longametraxes coma "Los lunes al sol" ou "Patahorobí",
e tamén guionizado e protagonizado esqueches cómicos para TVG.
Ten experiencia tamén como director e dramaturgo, gañando o premio Estornela
de Teatro Infantil no 2004. Asemade, crea e presenta a única liga de improvisación para afeccionados de España, a L.I.X.A."

Gena Baamonde



Gena Baamonde é actualmente alumna de dirección da ESADG, ven de traballar con Guillermo Weiker e tamén fixo traballos con Andrés Corchero, con Mónica Valenciano e con Matarile Teatro. Tamén estivo de asistente de dirección na obra do CDG Val de Muller (títeres).

Santiago Cortegoso


Despois de formarse en grupos de teatro independente (AURIN, DITEA) e universitario (EIS, da Univ. de Santiago) e titularse como ESPECIALISTA EN ARTE DRAMÁTICA pola Univ. de Santiago-IGAEM (1.998), ten traballado como actor en diversas compañías:
TEATRO DE NINGURES: BAILADELA DA MORTE DITOSA, de R. V. Bolaño, EMIGRADOS, de VV. AA., TARTUFO, de Molière, CÍRCULO, de Suso de Toro, FAUSTO, de Marlowe, etc., baixo a dirección de Etelvino Vázquez;
NOVE DOUS TEATRO: FÓRA DE XOGO, escrita e dirixida por Maxi Rodríguez, LLU LLU TEATRO (compañía propia): ÑAQUE, ou de piollos e actores, de S. Sinisterra e O CIRCO ENMEIGADO, de Rafael Dieste, baixo a dirección de Salvador del Río.
No eido audiovisual, traballa habitualmente como actor de dobraxe e ten participado en películas como “Heroína” e “Una mujer invisible”, de Gerardo Herrero e en “Pradolongo”, de Ignacio Vilar, así como nas series “As leis de Celavella” e “Rías Baixas”.
Desde o ano 2.001 traballa na AULA DE TEATRO da UNIV. DE VIGO (Campus Pontevedra) como axudante de dirección e tradutor dun espectáculo anual.
Asimesmo, leva dous anos participando nos TALLERES DE ESCRITA (Pistas para unha dramaturxia de actualidade), no C.D.G., coordinados por Cándido Pazó e o seu texto HÁMSTER foi seleccionado este ano para ser montado nos Encontros en Magalia, organizados pola Rede de Teatros Alternativos.

Xosé Esperante


Xosé M. Esperante, empeza a colaborar coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2005, e dende aquela ten participado en espectáculos de compañías como Galileo, UVEGÁ, Escama, Centro Dramático Galego, Caramuxo, Arela das Artes, A Factoría teatro...
No ano 2000 fai o seu primeiro traballo como actor para soporte audiovisual, sendo un dos protagonistas da serie da TVG, Galicia Exprés. Ten aparecido ata o de agora en varias series, tv-movies, longametraxes e curtametraxes de ficción ("Malas temporadas", "O ano da carracha", "O lapis do carpinteiro", "El comisario", "Amar en tiempos revueltos", "Cuéntame", "A vida por diante", "Terras de Miranda", "Os Atlánticos", "O tesouro"...). Polo seu traballo na curtametraxe "Inútil", dirixida por Paco Rañal, foi recoñécido coma mellor actor da III Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, ano 2001. "

Caderno didáctico




A Factoría teatro, Disquedanza e a publicación galega A NOSA TERRA, están a deseñar un caderno didáctico sobre a obra de Durringer "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras". Trátase dunha colaboración para a difusión do teatro feito en galego, onde se explicará o proceso de creación desta nova produción escénica. 

Las



Lucie por La Canalla



É unha muller segura de si mesma, sobria nas formas, práctica e funcional a pesares do seu romanticismo vital

Gaspard por La Canalla



Coma recen chegado, quere encaixar, usa a roupa coma sinal de pertenza a unha sociedade nova para el

domingo, 27 de julio de 2008

Fred por La Canalla



Viste coma un adolescente, identifícase coa marca, con certo aire militar, deportivo típico dos tipos inseguros

Bocetos de La Canalla


O primeiro achegamento o vestiario de “ Crónicas de días enteiros, de noites enteiras” xurde dasonversas con Alfredo Rodríguez y Olga Cameselle.
Nesta fase a conclusión acadada foi a de que a peza de Durringer é un todo formado de partes inconexas, intercambiábeis e non pechadas.
O día e a noite se suceden dun xeito aleatorio e caótico. Cadaquén pode asumir o texto que mellor lle convén. Tódolos personaxes son diferentes nas súas formas de expresión mais iguais nos obxectivos dos seus mais íntimos desexos. A procura da felicidade e o amor verdadeiro.

miércoles, 23 de julio de 2008

miércoles, 16 de julio de 2008

martes, 15 de julio de 2008

Xavier Durringer


O AUTOR
Xavier DURRINGER nado o 1 de decembro do 1963 en París.Diríxe a compañía de Teatro "la Grieta" desde 1989, para a cal escribe e pon en escena os espectáculos. Escribe tamén e realiza para o cine.

lunes, 14 de julio de 2008

Gaspar

"sentinme so e parvo ao andar como por primeira vez... non tedes idea de nada, nin de soidades, nin de amor, vos non sodes mais ca falabaratos dunha anémica hora de mala radio nocturna..."

Gaspar

jueves, 10 de julio de 2008

Silvia










Parezo un tipo de muller sen tipo.
Ninguén se xira para mirarme.
Dinme a miúdo que me parezo a alguén.
Teño un nome común que nunca lembra ninguén, SILVIA, a ver, diga SILVIA, SILVIA, SIL-VIA, varias veces ata que lle entre na cachola!

domingo, 6 de julio de 2008

viernes, 4 de julio de 2008

LUCI:

Pousa o seus ollos en min coma queimaduras de cigarro. Le dentro, aí, dentro da miña cachola. Atravésame, le dentro, dentro da miña cachola. Ráscame tras dos ollos, insinúase, arrástrase, roe, perfora.
Así que, despois, non é de estrañar que me doa a cachola, nas tempas, son a campiona da sinusite, da conxuntivite, das lagañas na esquina do ollo, igual ca os gatiños cando nacen, que teño o ventre podre, que incho, que como as uñas... e a cachola, que choro por nada, e esquézoo todo na miña cabeza de aire, como di el.
Pero a cabeza de aire está chea de listas de recados que facer, chea de pranchas, de slips e calzóns, de lixivia, de esponxas e de Ajax para o váter, do zunido da aspiradora que a marea.

martes, 1 de julio de 2008

PIERRE

Non hai que pagar, 
non temos nada que pagar, enténdelo? 
Non temos nada que pagar. 
Non debemos nada, eu non lle debo nada a ninguén...