sábado, 28 de junio de 2008

Alfredo Rodríguez na primeira lectura do texto







Hai noites enteiras nas que non durmo...
Noites enteiras nas que non durmo, noites enteiras...
Non podo, dou voltas para un lado e para outro, ordeno as miñas ideas. Punto.
Hai noites enteiras nas que non durmo... non debo ser o único...
pero non podo...

Hai días enteiros nos que penso en ti.
Vésme coma un directo no estómago, fúrasme, atravésasme coma unha dor de moas dentro da cabeza.
Ti adurmiñas, toqueneas tranquila estirándote, no fondo de min,
abríndote en min.

13 comentarios:

alacala dijo...

Actores! que o link de Alfredo na primeira lectura... non rula.
Moito blog moito blog e blogeades con todo o equipo.

Cristina dijo...

Tes razón, alcala, que non rula.... e a ver si os actores se van deixar enlear e blogear!

Anónimo dijo...

Pois ánimo logo co blog, xa irá milhorando. Está moi bem que os actores galegos tamem vos fagades ver na Rede. Um sáudo.

Anónimo dijo...

Impórtame un carallo. Eu estou por riba, tanto por riba que tí cres que estou no quinto carallo de embaixo. Non hai nada que pagar, eu non lle debo nada a ninguén. Saireille a unha muller na rúa e direille que teño ganas dela, de pasarlle a lingua polo medio do cu e fodela por alí. Impórtame un carallo.

Pierre

Anónimo dijo...

Pierre é necesario que nos fales con ese vocabulario, e nos contes as túas débedas.

Anónimo dijo...

a min importame un carallo!

Anónimo dijo...

xa sabedes o que di Xavier Durringer en Crónicas de días enteiros, de noites enteiras:
Impórtame un carallo, impórtame un carallo todo o que acontece, o mundo e todo o resto, impórtame un carallo a caída do muro e os rusos, impórtanme un carallo os pobres camboxanos, impórtame un carallo Iugoslavia, Acerbaixán, Armenia, os problemas do paro, impórtame un carallo o problema kurdo e o paralelo trinta e dous, impórtanme un carallo os chineses, Tiananmen e a anexión, os alemáns do Leste e do Oeste, os vagabundos, os sen teito, trinta millóns en Estados Unidos, impórtame un carallo o problema Norte-Sur, Leste-Oeste, o leite, a manteiga, a fame negra en Etiopía, Somalia, os problemas do exército, as bombas, os campos, as fraccións, o polo en Cuba, os pescadores en Canadá, as ovellas inglesas, a repartición das augas, impórtame un carallo a coca en Colombia, os boat people en Vietnam, os xemeres vermellos, os rusos brancos, impórtanme un carallo, impórtame un carallo os ex-combatentes do Vietnam, de Alxeria, de Corea, o suicidio en Suecia, os pingüíns atrapados no xeo, as baleas varadas, os monos mutilados, os cans rabiosos, impórtanme un carallo os golpes de Estado en África, a Liga dos dereitos humanos, os cascos azuis, a Finul, o Líbano, os inmigrantes, impórtanme un carallo as reivindicacións, os avións estrelados, a caída da Bolsa, a crise monetaria, impórtame un carallo a carraxe dos campesiños, o Nilo desbordado, os monumentos que se derruban, os indios, o problema lapón, as favelas, as persecucións, os refuxiados políticos, o problema turco, impórtame un carallo, a rehabilitación, o gran perdón, impórtame un carallo o problema árabo-persa e sino-xaponés, o Líbano, todos os carteis, a inflación, os apañadores de cabichas en Exipto, os verquidos de lixo, a bostela do ceo, a capa de ozono, a desaparición dos elefantes, os encarceramentos, as sentenzas, as execucións sumarias, os axustes de contas, América Central, a desaparición dos espazos verdes, a selva amazónica e algunhas monxiñas, impórtame un carallo a contaminación das praias, os guetos, o apartheid, os experimentos nucleares, o Pacífico, que xa non queden peixes no Mediterráneo, os estados federais, os enfermos graves coas súas lerias, o aumento do fascismo, o renacemento do comunismo, a caída de Occidente, a hexemonía occidental, o antigo imperio otomán, impórtame un carallo, impórtame un carallo o problema dos touros, as corridas, o crack, o crash, o recordo dos devanceiros, as novas esperanzas, o new age, as relixións, as etnias, os masóns, os cientificistas e demais, impórtame un carallo o asubío das bombas, os terremotos, os incendios en Córsega, as avalanchas, os furacáns, os tifóns, as exaccións, os palestinos, o Estado hebreo, Ruanda, Cimbabue, Surinam, Venecia que se afunde, os comandos, os criminais, os asasinos en serie, os masacres nos supermercados, a prostitución infantil, a trata de brancas, impórtame un carallo a dopaxe, as xiringas, a sida, os combates amañados, os canguros masacrados, a infección, a febre amarela, a mosca tsé-tsé, os refugallos, os vómitos, as extraccións de balas, a metralla dos obuses, as amputacións en directo, os problemas de parella, o orgasmo, o divorcio, a cadeira eléctrica, o revólver na tempa, os cincuenta quilómetros a pe para ir buscar auga, a televisión, impórtame un carallo.

Anónimo dijo...

Con esa pose de descreido terá gañado moitos premios ese Durringer. Se todo lle importara un carallo como sabe tanto nome raro de tanto páis que os bonitos europeos nin coñecedes? e se lle importar de verdade por qué non deixa de mirarse tanto o carallo?

Anónimo dijo...

Pierre, si de verdade queres saír á rúa e pasarlle a lingua polo cu e foder a unha muller,debería importarte algo máis que un carallo o teu carallo, creme: SI QUE IMPORTA O TAMAÑO E SOBRE TODO SABER USALO.O problema é que a maioría dos tios tedes sempre o carallo na boca(na vosa)en vez de usalo para algo. Crecede dunha vez!

Anónimo dijo...

Non sei moi ben de que vai todo esto. Quero dicir que a cousa vai de teatro..., de teatro de quén?, quén está a facer teatro? Dime Pierre que hai de teatro no teu falar do carallo.

Menos blablablá

Anónimo dijo...

Xa levamos unha semana de ensaios, fixemos unha festa-sardiñada como excusa para xuntar a Fred, Gaspar, Pierre, Luci e Silvi.
A Festa foi nunha terraza da rúa Barcelona de Vigo, "A Artistica teatro e danza".
Nela estiveron Fran e Pa, dous colegas moi Canallas, Paco Vila para dar a sua visión en video, Andrea Costas que nos retratou, Carmela Bueno que nos pon o corpo en fora, Nuria Gullón que nos vocaliza a vida, Ana Buján que nos traduce directamente do Francés, Monica Sueiro para axudar a dirixir a festa, Cristina Cameselle para apoio loxistico, Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez pa cortar o bacallao.
Desde este caribe galego, xuntamos esforzos para que en Setembro poidamos contarvos as Crónicas destes dias enteiros, destas noites enteiras.

Crónica dunha sardiñada pero de San Xoan.

Anónimo dijo...

Estamos a punto de cruzar un ecuador sen nos decatar. Este ecuador está carregado de enerxía, de sorpresas (sempre as sorpresas),de ganas, de moitas ganas e de gustiño, moito gustiño.
Estamos a piques de mergullarnos na procura de atopar a sima mariña que nos vai conducir ao (parafraseando a Alfredo) TUCHÚN FINAL.
Feliz mergullamento a every body, con cariño.

Anónimo dijo...

Abríndonos pouco a pouco ao mundo, coas maletas preparadas para coller o avión e finalmente despegar. Así estamos a unha seman da estrea.
Esta crónica de "crónicas..." comeza unha nova andaina, unha nova crónica por os escenarios. Boa viaxe!!!