
Gena Baamonde é actualmente alumna de dirección da ESADG, ven de traballar con Guillermo Weiker e tamén fixo traballos con Andrés Corchero, con Mónica Valenciano e con Matarile Teatro. Tamén estivo de asistente de dirección na obra do CDG Val de Muller (títeres).
12 comentarios:
Hola Gena, que tal estas no papel de Luci, que hai entre tu y Luci en común?
Ola! Boa pregunta...se soubera exactamente o que aí de luci en min non sei si me gustaría contalo, é deixar demasiado en bragas a Luci e a Gena, non cres?
Por certo, estou estupenda como Luci pero terás que velo para xulgar...
boa resposta Polo que dís Luci e unha tipa con moitas sombras? Por que non o contarias
Qué ten de diferente Luci doutras mulleres emparelladas porque sí, por propia decisión e iniciativa?. Quero dicir: porque precisa Luci estar en parella?. Qué cousa é o amor para Luci?.
Qué cousa estás a desfrutar máis da montaxe e cal é a que menos?
Luci decide, escolle ela o conto que quere vivir, aínda que logo a cousa se lle poida torcer. Non lle gusta estar soa consigo mesma, demasiadas cousas para andarlle pola cabeza, con outra persoa, ensaia a súa vida perfecta, no seu mundo perfecto no que caben cousas que os demais non considerarían perfectas:para Luci, unha boa bronca con Fred e logo un bó polvo é unha velada perfecta, unha demostración indiscutible de amor.
gena, luci é mentireira?
Eu creo que todo o mundo minte dun xeito ou doutro,algúns o disimulan mellor e alalguna persoas coma Luci necesitan crer as súas propias mentiras...iso é mentir ou construir unha verdade a partires dunha mentira? eu non me atrevería a dar un ditamen certeiro, ti si?
Luci é ciumenta?. É a conselleira, dalgún xeito de Pierre?
Eu penso que Luci toma os ciumes coma excusa para unha sesión hardcore de parelliña que tanto lle van e coma unha afirmación do bó home que escolleu, porque,si! foi Luci quen escolleu a ese badanas de Fred...ainda que hai que recoñer que houbo un tempo en que Fred era outro Fred...
que signo do zodiago é Luci?
Díxome unha gran amiga que Luci é unha virgo de pés a cabeza!
Publicar un comentario