
Así que, despois, non é de estrañar que me doa a cachola, nas tempas, son a campiona da sinusite, da conxuntivite, das lagañas na esquina do ollo, igual ca os gatiños cando nacen, que teño o ventre podre, que incho, que como as uñas... e a cachola, que choro por nada, e esquézoo todo na miña cabeza de aire, como di el.
Pero a cabeza de aire está chea de listas de recados que facer, chea de pranchas, de slips e calzóns, de lixivia, de esponxas e de Ajax para o váter, do zunido da aspiradora que a marea.
45 comentarios:
Uf! nena deixa a ese home pero xa!, ou é que che vai a marcha?
Luci cariño podesme dicir como quitar as manchas de mora do algodón.
E canto tepo ten que ferver o pulpo
Luci para a túa informacion "unha cabeza de aire" como dí fred : é... é unha cousiña que non vai, que non furrula, quérovos dicir, ai oxalá alí dentro iso se abrise, pero non abre, non hai nada que saia de alí, xamais, nada bo, aí.
A ver Luci, que sempre estás coa mesma. Escoita o que che digo, bebé: non pensar, e relaxarse...
Estás histérica, Luci. Non te entendo, non hai maneira de falar contigo. Non entendes nada a dereitas e logo vés protestando por quen limpa a alfombra. Seguro que estás chorando porque non che queda recta a raia dos pantalóns. Se non chega a ser polo cu que tes...
Luci miña reina estas ahi? Por q non respondes as miñas preguntas
Ei Luci, faille caso a Pierre, reláxate, se queres eu podote axudar , as cabezas e a charla non me interesan nada ghuapa. Xa sabes se queres relax...
Luci, tes que virte un día de marcha comigo a un after. Coñezo un rapaz que, se me aguanta a noite, seguro que che entraba polo ollo.
pierre por se non sabias luci ten mozo esta "enganchada, comprometida, atada...."
Mira nena, o que tés é un rollo que non o aguanta máis que o teu mozo, sabes?. E ti verás o que está a dicir Pierre; semella coñecerte... ouh?
Ese tío co que estás... Caeu dunha árbore, non si? Deixa a ese australopitecus, reláxate como di Pierre, e date unha homenaxe desas que fan rir a esgalla, que che fai moita falta pero que moita falta...Como sigas así vaiche coller o frío.
A verdade é que non me interesa a metade das tonterías que andades a dicir: as manchas de mora con mora verde se sacan, o polbo depende de si é da ría ou é un polbo conxelado de non se sabe onde, de todos xeitos préguntalle a túa nai..porque non hai coma unha nai para aguantar as tonterías dun home!
LUCI
Ao meu queridiño só lle teño que lembrar que este cú de cando en vez apousase noutros acomodos que non é quén de imaxinar...e logo non me veñas chorando cando volvo a casa olendo ao que ti xa sabes..
Pierre, pensaba que só sabías ser desagradable coas tías e pasar esa merda que pasas...oín por aí que merece a pena verte facendo outro tipo de shows...sabes a que se refiren?
Luci, o vindeiro venres imos saír todos. Poderías dicirlle a "g" que viñera tamén e lle ensinaba o camerino mentres vos tomades a primeira. Parece unha persoa interesante. Que che parece?
Luci, deixate de hostias e recoñece por qué estás con Alfredo. Sabes o que penso? que andas a xogar con todos e logo vas mollando as esquinas con esa leria de muller pobriña e chuleada. Unha merda. Non te preocupes, non vou falar co teu mozo.
Dende o meu cuarto con moitos recordos e desesperanzas.
Luci, amorciño, cando queiras cóntoche o que lle fixen á rubia grande con tetas grandes. E tamén como lle quedaron os fuciños ao seu chorbo. A ver se comprendes que trago, pero non son un paspán.
Un bico
Onde te metiches, Luci? Busqueite e non estabas. Non mo volvas facer, darling. Non son o mamalón do teu mozo.Iso.
Nena o tal que tes que aguantar... pero claro por qué aguantas Luci?.
Dime, tes atopado o amor con ese Mr. musculiños co que estás? ou o amor é outra cousa?. Non sei, pásome o día limpando, e dáme por pensar... Ai! por certo, que opinas da liposucción?, fago moito exercicio, tooooodo o día, non paro, e semella que as miñas grasas tampouco paran de buscarse un hoco no meu corpo. Tí como fas para manter o tipo?
Luci,tía. Fredito non para de amolarme con preguntas.Xa sabes que son unha tumba, pero tía, córtate un pouco,¿ok? Chámame e así entramos en detalles.
Kisses.
Fred non fagas o parvo e dime onde andas, a casa estaba revolta e non sei se entraron a roubar...onde andas? falei con Pierre e tampouco sabía onde estás metido, fai o que chea dea a gana pero non pasou nada entre o gicho ese e eu...só estiven en casa dunha amiga falando, pensando en todo...non é mellor que falemos cara a cara?
Luci
Sor Dina del Sto Corazon Debil:
Luci, son a túa profesora de manualidades de las carmelitas, recuerdas?
aún conservo la servilletita tuya de punto de cruz sen acabar....ay¡¡¡ siempre fuiste un poquito dejada maja.
Cuando nos traes tu alegria a nuestrA COMUNIDAD, te queremos y te tenemos presente en nuestros rezos.
Que alegría sor Dina!, todo o que lle regalei é seu para sempre, ainda que creo que era outro agasallo o que vostede quería de min... non sei que tal andará todo na congregación, a min vaime moi ben teño dous fillos e un marido que me coida moito, ainda que rifamos de cando en vez, normal...non crea que non me lembro do cole e de todo o que aí me ensinaron, ainda que nada que ver co que hai fóra sor Dina, igual deberían salir máis...bicos e que lle vaia moi ben!
Ei, Luci, como vai todo? Estabilizáronselle os ciumes ao teu Otelo? Mira que é parvo, non se dará conta de que o fai peor? Pensastes ir a unha psicóloga? eu coñezo unha que me axudou moito a supera-lo meu, ou polo menos a entendelo.
O fundamental é que non te deixes agobiar.
Oes? Por que non quedamos para ir a praia? Xa teño ganas de verte. Pero se podes millor soas, así falamos de todo un pouco.o.k? ;) smuakes
Estupendo Silvia, apúntome o da praia e por suposto que sin homes, ultimamente estou dubidando de que os homes valan para algo...polo menos a mín só me dan problemas. merecerá a pena facer unha visita a unha sex-shop? a ver si podemos apañarnos con algo...
luci non tes porque ir a sex shop, vai ao morrazo eso si que son homs muller e de balde
De verdade nena, quén che entende. Primeiro que si o tés moi claro e que o tio ese, Fred, é o que vas a enganchar e logo andas con esas lerias. Faille caso a Pierre e reláxate ou faille caso a quen che dixo que deixaras o teu home. En fin! aclárate. Ou és coma esas cancións que din "nin contigo pero tampouco sen ti"?.
A que praia vades Silvi e tí? Non, o digo porque como sodes dúas mulleres de bó gusto e mellor talante...seguro que elexides un bó sitio. Non pensedes mal.
Por qué non lle buscas unha moza a Pierre? ou é que che mola?. Co boa que es dando consellos...
Oes, Luci, Por que non deixas a Fred dunha vez? Son colega del de toda a vida, e boto de menos os polvos que botabamos durante os concertos de CASTRELOS NO MEDIO DOS CARBALLOS. Estás idiotizando ao rapaz. Non mo vaias amariconar. Deixa de sacarlle o polvo a todo e a todos.
Cando unha vai de cacería e consigue a súa peza, logo tenla que COMER CON PATACAS,nena, CON PATACAS e sen viño.
Cando xa unha nin sequera bota uns bons polvos é o momento de plantexarse o saber popular: máis vales estar soa que en mala cumpaña, qué pensas desto Luci?
O que son as cousas!...a metade dos que me criticades nin sequera tedes ovarios ou pelotas para escoller a froita no supermercado, eu vou a praza e só con botar unha ollada sei o que vai saber mellor do que venden, e si non o venden non se pode comprar. Do que hai, o mellor...para min as froitas ácidas que son sabrosas,que calman a sede pero deixan un regusto amargo. Así que escollo a Fred!
Ole, con ole e olé!. Es unha muller de pes a cabeza. Si señora, cun par de ovarios ben apousados. Logo, imaxino que non terás queixa algunha da túa relación, de ter cubertas as túas necesidades e esas cousasssss. Claro que pensándoo mellor o mercado non é que sexa unha cousa de moita variedade, non si?, e ese poderío de que dentro do que hai, o mellor... non deixa de ser coma un consolo. Qué pensas Luci?. Ao mellor podesme contestar unha pregunta: onde se agacha o amor,logo?
Grazas por escollerme, Luci. Temos que conseguir estar coma antes, cando riamos xuntos e durmiamos abrazados. Necesítote. Perdoa se algún día fun un peixe carniceiro, xa sabes que digo cousas que non penso. Agora quero ser o teu oso preguiceiro. Xa está ben de mal rollo. Temos que falalo e xa está. Un bico
A quen fala de necesidades lembrareille que non só dunha persoa hai que depender...hai moito tempo que descubrimos a ampla gama de posibilidades aparte da túa parella. A saber: hai qúen se decanta pola pluralidade (é dicir botarse un/varios amantes), ha quen prefire os utensilios mecánicos (é dicir consoladores e demais mercaduria)e hai quen cos seus propios dediños fai unha oleaxe de placer(é dicir masturbándose)Asi que a espabilar, as necesidades ben cubertas! o do amor, iso e outra cousa....
Vale meu Fred, xoguemos por uns instantes que todo vai ben. Tal vez podiamos volver aos nosos xogos...cando eu facía que era unha descoñecida e ti viñas detrás de min ate que xa non podiamos máis e acababamos facéndoo en calquera sitio...tal vez...tal vez podería xogar a ser Silvia, gustariache? estaría ben a tregua ainda que sexa só por uns días,estaría ben!
O.k. Luci:
Quedamos mañá para ir ó sex shop, xa teño ganas de probar as bolas chinas esas, e de paso igual atopamos algún disfraz,
a ti cal che gustaría?
Luci, eu admiro a túa coraxe de todos os días, a túa maxia, a túa intelixencia, a túa ledicia,as túas gracias, o teu saber estar, a túa mala hostia, o teu talento... tantas Evas levas aí dentro apagadas por estar con quen non debes pero o amor eche así, cego de atar, non?
Nena, ti vales moito asi que cóidate coma se fóras a túa máis sincera amante,merécelo.
Despois da túa última chorada nocturna (unha entérase de todo...) e de aguantar a ese cativo con quen decidiches tentar cumpaña... qué pensas facer?, seguir chorando de pura vergoña, cando él remata por estoupar en público? ou dar un xiro e tentar unha nova cacería?.
O amor da para moito, pero dá para todo?
Silvia, guapa! Vamos ao sex-shop cando ti queiras, o que non sei e se logo quereremos marchar de aí...creo que resulta bastante instructivo...tal vez me decida por un disfraz de colexiala, faldiña curta e coletiñas para vover a cando era inocente e cría todo o que me contaban...
A verdade é que hoxe estou demasiado triste para falar de amor...hai días así. Necesito que algo cambie dunha vez, tal vez isto ainda se poida salvar. Non sei se Fred e eu seremos capaces dunha tregua, acaso iso existe? Non sei tal vez o mellor será que saia pola noite a ver que atopo como cando o atopei el...
Luciña, eu tamén pasei noites enteiras chorando, lembrando e paralizándome. Supoño que é algo que nos pasa a moitas. Dígoche unha cousa, as treguas non existen, tan só son paréntesis para tomar folgos e seguir doutro xeito pero igual. Xa me entendes. Se che serve de consolo, agora algunhas chegamos á conclusión de que é mellor non pensar, botarse ao xogo sen rede e sobre todo non dar explicacións. Algunha vez tentaches coller un peixe sen rede?
Hoxe si, hoxe vou poder, hoxe saio sen rede, a ver que pasa coa vida que agarda fóra, non podo quedar sempre escondida, hai días así tamén sen rede a coller peixes coas mán se fai falta...pero os peixes que teñan mellor sabor ao cociñalos!
Luci, realmente saiches ou ficaches enleada nesa maraña que levas nos brazos?. Pregúntome cómo pódes capturar nada ficando atada pola propia ansia de apertar?.Qué me dis?
Publicar un comentario