
Parezo un tipo de muller sen tipo.
Ninguén se xira para mirarme.
Dinme a miúdo que me parezo a alguén.
Teño un nome común que nunca lembra ninguén, SILVIA, a ver, diga SILVIA, SILVIA, SIL-VIA, varias veces ata que lle entre na cachola!
Ninguén se xira para mirarme.
Dinme a miúdo que me parezo a alguén.
Teño un nome común que nunca lembra ninguén, SILVIA, a ver, diga SILVIA, SILVIA, SIL-VIA, varias veces ata que lle entre na cachola!
33 comentarios:
Sil-vi-a, cariño por qué pensas que te confunden con outra?. Cantas persoas coñeces con esa neura de de-le-te-ar...?
Asesores de imáxe dispoñibeis as 24hs. Exclusividade e discreción compretas.
Chama agora ao 609 090 900
teño un coiro cabeludo moi fráxil...
De nena cos nervios botaba placa e rascábame sempre e criaba caspa branca, miña nai dicía que era como a neve sobre os meus ombros, non sabe, e iso quedoume, un coiro fráxil...
Non, porque despois, despois irrítame, non sabe, e despois vaime moi difícil aguantar sen rascar, é como coas uñas, tampouco podo resistilo, é dos nervios, non podo resistirme a comer as puntiñas, mesmo ata que sangre, iso pásame e despois teño os dedos coma chourizos, pero que quere, eh? a natureza é así, aparece a galope, coma quen di, e non entanto eu esfórzome por parar non sabe, pero ao cabo dun rato esa putada volve a galope, é coma un mono, xa non sei que facer, así que fumo, non paro de prender pitos, pero non lle son eu a única, non oh, hai moitos así coma min, e o fume seica é malo para o pelo e as uñas, pero ben, iso élle o que contan nos xornais, revistas para mulleres, pois que son a mesma cousa o cabelo e as uñas, vamos, a mesma materia, non ve, logo é como un círculo vicioso.
gosto moito da tua última operacion quirurxica
Silvi xa tes mozo ou ainda estas no mercado.... poderiamos quedar para
O de deletrear non é umha neura, é unha estratexia de supervivencia. Estou farta de ser transparente, de saúdar-vos po-la rúa e ver que non vos lembrades de min. Pois a ver se así.
Ei, nenos, eiquí non vos hai ciruxía nengunha, todo é natural e de primeira calidade; como moito algún que outro truquiño de quita-e-pon, que por quirófano: nen cartos nen necesidade, nen ganas ;P
Ese comentario soez do mercado é propio de quen xa debe andar no desguace. Pode que ande algo necesitada, pero non tan desesperada. E quedar para..? Hai que vender millor o peixe, home! ;))
neniña, estás desesperada, non descubro a pólvora con iso. Un consello, en situacións desesperadas mantén a dignidade. Faite ese gran favor para contigo mesma, porque neniña, ti vales moito. Quérete, quérete, non mellor e para que me entendas QUÉ-RE-TE!!!!
Eu si sei quén es creo...tes un pelo precioso! non lles fagas caso a eses idiotas!
Silvia, lembra que este venres saímos todos. Xa me vou encargar de que a xente coñeza o teu nome, nena. Por certo, vides a verme antes de saír.
Bicos con sabor a Chanel.
Silvia, cousiña, dime:) qué é o amor?, quero dicir onde se agacha?
Silvia, coidado con Pierre. É colega meu pero no tema "tías" anda u7n pouco chungo. Bicos
Sí, sí Silvia non te fíes de f. ese Pierre é bo rapaz, ou polo menos non peor que f. ou ese colgao de ..., Gaspar chámase?. En fin bonita que xa sabes lidiar coa vida, non? Pois iso nena, ti mesma.
És Silvia, a mesma Silvia que levouse no mercado de hai dous domingos un precioso traxe roxo,de tempada (de marca eh!)?. Lembrote que o meu posto está onde sempre, así que este domingo non estaría mal que me fixeras unha visita. Teño unha lencería de primeira que vaite volver toliña, a bó prezo, xa sabes...
E deixate de lerias co gallo de que non te miran, que te confunden con outra (Je!). Nena, non se pode estar todo o tempo chamando a atención, a demáis para o que te ten prestado que se saiba... xa me contarás o domingo.
Guapa!
A dieta da piña é un autentico fiasco. Engordei tres kilos, tía!Como te quedas? MUER-TA!!!
Muak, guapitis.
Silvia, anda con coidado anda blogeando o tipo ese do outro día na disco, o do papel de vater colgando, Gaspar creo que lle chamaban..ha, que tipo! Gustoume moito a charla que tivemos o outro día, creo que debeiamos repetir..
Silvia, ao final enrollácheste co pámpano deprimente do ramo de flores. Que forte!! Tampouco é mal tipo. Ten fighting spirit. Pero é un pouco parado, non?
Ben, ti verás pola noite como vos entendedes.
Por certo, non te tiñas tanto, que xa te pasas
Moitas gracias (ou é gra-zas? ;) a tod@s po-lo voso apoio. O certo é que levaba unha tempada algo baixa (ou é vai-xa?) e de repente semella que as cousas empezan a cambiar.
Lupe, non te preocupes, disque a dieta de melocotón en almibar é unha auténtica pasada :)
E perdoade que esta semana non estivera moi presente, e non vos dera contestado a tod@s, pero é que ando liadissssima ....co meu novo tinte, ghighi!
Por certo, aos que nom a vistes, a ver se vos gusta esta foto co meu novo 'look'.
Que saibas Sil-vi-a que non hai xeito de deixarte nada no teu blob; eso por unha banda, por outra parrula ou debería dicir gatiña?, bueno que teñas coidado porque unha empeza men-tin-do-se e logo remata facéndose escarificacións para sentirse diferente. Agora mesmo non podo crer que o teu é todo na-tu-ral.
Mira o que fas porque con toda esa leria logo rematas enleándote con quen te enléas... ti veras (se é que podes con eses ollos)
tía, tes que contarme os teus problemas, lin nunha revista que compartir os problemas coas colegas libera endorfinas e que é xenial para a pel. Jo, tía por onde andas... non te liarías con aquel tipo, non?...¡Tía!
silvia cando vas decidir poñer a túa perruca loira?
Estarías divina de la muerte vestida de conejita y con eses ojos reptiles que nos regalas en tu blog, la bomba.
Si vuelves a ir de cacería, pruebalo.
Qué tal se deixas de amolar cos teus líos de conseguir sexa coma sexa o que queres, xa ves que en máis dunha ocasión saiche o tiro pola culata. Sabes Sil-vi-a, lembrasme un pouco a aquela de Gran Hermano que lle puña etiquetas de marca á roupa de mercadillo...como se chamaba... A-i-da, non?. Coidado non remates falando en terceira persona.
Sabedes que?
Gustaríame facer outra cousa do que fago, xa sabedes, outra cousa. Ser alguén diferente, mesmo ser todo o contrario, alta, loira, cuns peitos e un cu así... e cuns ollos e unha boca, non, unha verdadeira boca cuns verdadeiros ollos e cabelo, ai si, iso si, encantaríame, mesto e todo, ai que gracia, e tamén vivir noutro sitio, falar outra lingua, ter outra relixión, outra roupa, outros pais, outra familia, unha casiña cun coche, vamos, a rehostia! QUIXERA CAMBIAR !!!
E quen non quere cambiar?? O carallo é como. Deixa o teu curre de merda e lárgate. A onde sexa. Novos ventos. Nunca falla. Ánimo
non marches podemos quedar algun dia na alameda.
Acordaseme aquela canción que dicía:
"Guerra, guerra, guerra, vienes publicando guerra, y yo como buen vasallo dejo pasar tu bandera"
;p
Tómome unhas vacacións e cambio de traballo ou marcho desta puta cidade onde nunca pasa nada que me anime desde pola mañá ata a noite? E onde vou?
As veces penso que menos mal que aínda nos queda Portugal.
Aínda que tampouco me convence demasiado esta opción: tráeme demasiados recordos.
Bicos fríos e solitarios :(
Ola, neni!
Como vai todo? Hai un montonazo de tempo que non te vexo.Temos que quedar para ir a un spa, non me negarás que o plan non é ca-ra-llu-do como dirías ti.
Silviña,hai un tipo nun spa de Ourense que ten unhas mans e que che deixa... como che diría eu, DIVINE.Enténdesme? Je, je. Unhas mans coma pas, das de verdade, non coma as dese electricista do carallo, que hostia lle metía, o cabronazo ese... putos tíos do carallo! Por certo, vino o outro día colgado dunha brasileira e ían morreándose pola rúa. Daba noxo velo, coa súa pinta de baboso parecía que non catara femia en anos. Está delgadísimo, seguro que fai a dieta do cucurucho, eu hai tanto que non a fago, por iso vou o fisio, e que non follar me contractura. O que é a vida, Silviña. Temos que ir a ese spa, vamos a flipar.
Bicos azuis.
Silvia, síntoo pero eu tamén o vin, o carallo ese do electricista, esta feito unha merda, non era para ti! A verdade empezo a pensar que estamos mellor soas...teño que falar contigo sobre ese Gaspar co que andas agora,Pierre faloume del a outra noite,coñeces a Pierre, verdade? é un ceo, as veces se non chega a ser por el, volveriame tola!e por certo non está nada mal...ao mellor poderiamos inventar algún xogo para no-los tres?
Publicar un comentario