lunes, 28 de julio de 2008

Xosé Esperante


Xosé M. Esperante, empeza a colaborar coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2005, e dende aquela ten participado en espectáculos de compañías como Galileo, UVEGÁ, Escama, Centro Dramático Galego, Caramuxo, Arela das Artes, A Factoría teatro...
No ano 2000 fai o seu primeiro traballo como actor para soporte audiovisual, sendo un dos protagonistas da serie da TVG, Galicia Exprés. Ten aparecido ata o de agora en varias series, tv-movies, longametraxes e curtametraxes de ficción ("Malas temporadas", "O ano da carracha", "O lapis do carpinteiro", "El comisario", "Amar en tiempos revueltos", "Cuéntame", "A vida por diante", "Terras de Miranda", "Os Atlánticos", "O tesouro"...). Polo seu traballo na curtametraxe "Inútil", dirixida por Paco Rañal, foi recoñécido coma mellor actor da III Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, ano 2001. "

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Xose, que tal estas no papel de Gaspar, que hai entre tu y Gasparen común?

Anónimo dijo...

gaspar é un puto poeta...,

Anónimo dijo...

Encóntrome cómodo, Gaspar é moi confortable para a xente que quere, aínda que ás veces se sinte abafado, non polo cheiro da ría de Pontevedra, senón pola xente, pola xente e os seus coches, pola xente os seus coches e as súas teimas...e intelixencia

Anónimo dijo...

hoxe estou un pouco nervioso, xa apuntarei máis cousas a este respecto outro puto día menos adxetivado que este...

Anónimo dijo...

oes non gostas do adxetivado?
Como iso?

Anónimo dijo...

gostaria de saber que é par ti a intelixencia

Anónimo dijo...

A qué xente quere Gaspar? ou mellor, cómo quere Gaspar?

Anónimo dijo...

Qué cousas estás a desfrutar máis e cais menos nesta montaxe?

Anónimo dijo...

os adxectivos son as cargas, as cargas e máis cargas coas que nos vamos deslombando día a día, o problema e saber peneiralas para quedarnos con aquelas imprescindibles... tanto a min como a Gaspar ás veces énos moi difícil explicar o que sentimos... éche así...

Xiada dijo...

Moito ánimo Xose!!! a ti xa non fai falla que che diga que estou ansiosa por vela estrea nin que alí estarei a primeira porque xa o sabes :D Aínda que... caray... cantas cousas estreaches este ano? jaja eu feliz da vida pero ti debes de estar saturado ;)

Un bicaso!

Anónimo dijo...

Si, é dificil de explicar o que se sente, pero pensas que no caso de Gaspar el podería pensar que se pode vivir sen amor ou o que o move é o medo a soedade, á xustificación del propio coma persoa?

Anónimo dijo...

Raphel pregunta:

que signo do zodiao é pierre,