miércoles, 27 de agosto de 2008

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12823


O 28 de xuño de 2008 abriuse ao público o blog “Crónicas de Crónicas”, no que a compañía de teatro Factoría Teatro e a de danza, Disque Danza abriron ao público o proceso de creación da montaxe que van inaugurar este domingo. Un lugar no que se puido achegar ideas libremente que, os actores podían coller (ou non) mentres estaban a construir as personaxes que representaban na obra. “Non é a primeira vez que incluiramos un blog como parte dun dos nosos espectáculos, porque para nós é un medio de comunciación, e se non sabes o que pensa o receptor non podes pechar o círculo” di Alfredo Rodríguez, membro de Factoría Teatro e director do espectáculo. Sen embargo, esta ocasión foi un pouco diferente, xa que o blog xurdiu como complemento dun curso de creación escénica que os dous directores da montaxe deron no marco da mostra de teatro cómico e festivo de Cangas. “Era un obradoiro no que tamén participaron os actores que pretendía ser como unha especie de crónica dunha creación escénica, na que ensinabamos como afrontar un texto, desde o vestiario, a luz, os actores que quixmos abrilo ao público, aos que foron o curso, á xente que é fiel ás montaxes de Factoría Teatro e que así todo o mundo puidera dar as súas suxestións”. Ademais, todo ese percorrido desde que se decide crear a obra ata que se puxo en marcha está perfectamente documetnada nun dosier pedagóxico que publicou A nosa Terra como material auxiliar que está pensado para institutos, tal e como explica o director da montaxe.Un proceso integralPero Crónica de días enteiros, de noites enteiras non destaca só polo participativo proceso creativo, senón porque se trata dun complexo puzzle que mestura un texto moi particular (é do autor Xavier Durringer, un polifacético creador francés moi destacado na dramaturxia contemporánea), adaptado para o teatro por Alfredo Rodríguez, nunha xestualidade chegada do mundo da danza a cargo de Olga Cameselle, con vestiario de La Canalla e os espazos sonoros de Xesús Valle. “Tanto Olga Cameselle coma eu, quixemos poñer en marcha un grupo de traballo que desde todos os ámbitos que forman parte dun espectáculo con linguaxes distintas, perspectivas tamén diferentes para reforzar a busca do amor” asegura Alfredo Rodríguez. Deste xeito, durante máis dun ano, cada un dos integrantes desta montaxe estiveron a pensar en como buscar unha posta en escena efectista para acentuar esa procura do amor nas súas múltiples variantes. O resultado é moi particular, desde sons das cardiopatías que pretenden recoller o sufrimento do ser humano, como un vestiario axeitado para esas crónicas de día e de noite. Alén do peculiar resultado final desta montaxe que está en xira dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Crónicas de días enteiros, de noites enteiras é o resultado dun intenso proceso de traballo entre Factoría Teatro e Disque Danza que levan anos de traballo xuntos reflexionando polo camiño que hai entre a danza e o teatro. Un percorrido que perimtiu abrir hai uns anos “A artística” un espazo de creación e experimentación escénica que ambas compañías teñen en Vigo.Por último, esta obra foi estreada en Francia, con grande éxito de público, baixo o título de Polaroid. Foi o propio autor, Xavier Durringer, o que se encargou de levalo á escena coa súa propia compañía de teatro e, aproveitaba as fotografías instantáneas para ir construindo a historia dos cinco personaxes.

martes, 26 de agosto de 2008

Durringer a la gallega, La Voz de Galicia edic. Vigo 19 Agosto 2008


Teatro Durringer a la gallega
Alfredo Rodríguez y Olga Cameselle estrenarán el domingo una adaptación a la sociedad gallega de una obra del autor francés
Autor:
Jorge Lamas
Fecha de publicación:19/8/2008
«Hai noites enteiras nas que non durmo....», se afirma en Crónicas de días enteiros , noites enteiras, texto creado por Xavier Durringer, uno de los autores teatrales más reconocidos en el ámbito europeo de la escena contemporánea. El próximo domingo, a partir de las 21.30 horas, se podrá ver sobre el escenario del auditorio municipal de Cangas el resultado de la adaptación a la realidad gallega realizada por Alfredo Rodríguez y Olga Cameselle, directores artísticos de A Factoría Teatro y Disquedanza.
No es un montaje más. Desborda imaginación en todos sus planteamientos, y aglutina a reconocidos profesionales gallegos de diversos ámbitos, entre los que destaca la presencia de la firma viguesa de ropa La Canalla, que diseñó un vestuario acorde con el argumento de la obra. Todos los patrones se pueden ver en las imágenes que coronan esta información.
Dos meses de montaje
El trabajo que desarrollan todos los integrantes de este proyecto, desde el pasado 28 de junio, se puede seguir día a día en Internet, accediendo a la dirección http://cronicasdecronicas.blogspot.com/. En este espacio los cibernautas comentan sus impresiones directamente con los responsable del montaje, aunque en algunos casos, la conversación deriva por derroteros inesperados.
El blog está ampliamente ilustrado con las fotografías realizadas por la joven creadora viguesa Andrea Costas.
Para Alfredo Rodríguez, las similitudes de esta obra con la sociedad urbana gallega, la fuerza de los textos y las semejanzas con la sociedad en la que estamos viviendo, fueron los motivos que le impulsaron a llevar esta pieza teatral a los escenarios.
Olga Cameselle, por su parte, asumió el reto de encontrar un movimiento escénico, en una obra basada en el texto y desubicada en el espacio. «No es una coreografía al estilo habitual, trabajé los segundos planos porque el texto es muy abierto y deja cosas en el aire que yo aprovecho para construir», afirma la coreógrafa viguesa.
Cinco personajes
Con estos argumentos, Xosé Esperante, Anabel Gago, Gena Bahamonde, Fran Peleteiro y Santiago Cortegoso asumen los papeles de cinco personajes que, en un espacio frío, destapan sus miedos, su perfil y sus inquietudes. Son relaciones basadas en el amor, en el deseo, en la sensualidad y en las confrontaciones personales y sociales contemporáneas.
«Noites enteiras nas que non durmo, noites enteiras...».

http://www.anosaterra.org/seccion/cultura/




Alfredo Rodríguez, director teatral
'Esta obra é coma un quebracabezas'
Lara Rozados . Este domingo 24 estreouse no Auditorio Municipal de Cangas 'Crónicas de Días Enteiros, de Noites Enteiras', unha coprodución de A Factoría Teatro e Disquedanza que traduce ao galego o texto de Xavier Durringer. Falamos cun dos directores da montaxe, Alfredo Rodríguez, que levou adiante a produción deste espectáculo xunto con Olga Cameselle.
26.08.2008 08:00
TAGS: entrevista , artes escénicas , Alfredo Rodríguez , Factoría , Disquedanza
Como adaptaron o texto de Xavier Durringer á sociedade urbana galega?
O texto é moi fragmentario, son pequenos monólogos. En palabras do autor, é o "traballo de dez anos encaixonado, pequenos fragmentos, polaroids". Así lle chamou en principio, cando a estreou coa súa compañía (La Lézarde, que dirixía dende o 89. A obra titulábase Polaroïd e cando saíu, no 95, en Editions Théâtrales pasou a titularse xa Chronique des jours entiers, des nuits entières). Os personaxes son dunha xeración arredor dos 35 anos que se desenvolven na vida urbana. Isto non quere dicir necesariamente que vivan na urbe: podemos atopar xente urbana no Courel, polas novas formas de relación que vivimos, a uniformidade diso que chaman "aldea global".
E como foi o proceso creativo? Integraron o traballo do elenco, o traballo creativo de vestiario, luz, espazo sonoro...
Démoslle unhas mesmas consignas a toda a xente que traballaba, fose no espazo escénico, no vestiario, no elenco... O texto dábanos esa posibilidade, a de armalo e desarmalo, como se fose un quebracabezas, e antes de ensaiar fomos sumando propostas, traballando paralelamente vestiario (a cargo de La Canalla), espazo sonoro... Foi un traballo longo, que levou moito tempo, e moitas discusións por momentos. Foi un proceso de creación en que participou todo o mundo e se foron incorporando opinións. Dende o principio había unha aposta estética moi clara, e dende aí, o proxecto se foi desenvolvendo de forma moi natural.
Danlle importancia á presenza da fotografía e do vídeo. Que papel desempeña esta convivencia de formatos na montaxe?
A fotografía entraba moi ben como un elemento poético, que tiña que ver coa fragmentariedade, coas pequenas crónicas, as polaroids que integran o texto. E o vídeo serve para transgredir un pouco o espazo escénico pechado. É como unha fiestra ao exterior, que reflicte o paso do tempo, dos días e as noites. No propio texto non hai referencias explícitas ao paso do tempo, dá a sensación de que a vida é algo que está pasando fóra. O espazo escénico só recolle o que hai dentro das intimidades dos personaxes. A obra trata sobre a busca do amor, sexa sexo, sexa protección, sexa para vencer o medo á soidade.
E todo este proxecto, en dous meses, dende xuño...
Tivemos a sorte de arrodearnos dun grande equipo. O elenco tiña unha clase de adestramento corporal e outra de voz cada día, e despois xa chegabamos Olga e mais eu a traballar e a montar as escenas. Foi posíbel levala adiante grazas á enorme xenerosidade dos actores e actrices. Amais, dende as compañías pequenas non podemos alongar demasiado o traballo de produción.
Como foi a estrea?
O público reaccionou moi ben, mesmo houbo unha sensación xeral de gana de volvela ver, xa que é bastante densa, tamén a nivel estético. Trátase dunha proposta novidosa e o espectador atópase no camiño de seguir o texto cunha mensaxe, cunha reflexión: "a quen de vós non lle pasou nunca unha cousa así?" Máis que dar respostas, o autor quere formular preguntas. De feito, os personaxes lánzanlle preguntas ao público, recrimínanlle "vostedes queren mal", mesmo achéganse e mestúranse entre eles.
De novo, como xa fixera Factoría con Os homes só contan até tres e Castronós, crearon un blog sobre a obra. Que nova dimensión lles achega? É curioso como o blog serve para aportar máis información sobre os personaxes, mesmo en forma de vídeo...
É unha porta aberta. Naqueles casos o blog nacera despois de que se estreasen as obras, pero esta vez serviunos dende o propio proceso de produción como porta de diálogo para os personaxes. En canto á creación dos vídeos, nos ensaios démoslles a cada un dos actores e actrices unha cámara, para que cadaquén montase a vida do seu personaxe: "este é o meu coche, esta é a miña casa, estes son os meus ídolos musicais..." Tratábase de traballar dende moitos puntos de vista (a palabra, o corpo, a música), e foi moi gratificante, tendo en conta, sobre todo, o pouco tempo para ensaios, termos esta ferramenta para traballar os personaxes.
Como estabeleceron o traballo en coprodución A Factoría e Disquedanza?
Foi un proceso natural: compartimos espazo de traballo dende o 2000, que ensaiamos na Artística, en Vigo. Sempre colaboramos entre nós: xa en Castronós Olga Cameselle tivo unha participación importante, e nós temos traballado tamén con Disquedanza. Temos un xeito de traballar parecido, hai un punto común entre as dúas linguaxes. En oito anos que levamos traballando xuntos é lóxico que nos foramos achegando e achegando os nosos discursos. E por aí van seguir os tiros, non é só unha colaboración puntual.
Proxectan xa a seguinte montaxe?
Se esta montaxe é basicamente textual, cun soporte moi teatral, que é a palabra, a seguinte seguramente sexa todo o contrario. Probablemente tanto Olga como eu esteamos en escena, esta vez, e o proxecto ten que ver coas identidades, coa memoria persoal de cadaquén.
Que función cumpre o caderno pedagóxico sobre o espectáculo (editado por A Nosa Terra-Promocións Culturais Galegas)?
O que fixemos nese caderno para a reflexión na escola é, dende a crónica, dende un formato moi periodístico, que cadaquén dos profesionais do proceso escénico, dende a dirección ao vestiario, pasando polo elenco ou a elaboración dos vídeos, achegase uns materiais para a reflexión, para que a xente se achegue á obra como a unha linguaxe total.

domingo, 24 de agosto de 2008

Como dicir o texto......


Nesas estamos.
Dándolle voltas para descubrir cousas como “el non sabía que estaba vivindo a súa derradeira hora de home solitario”, “eu non a había ferir a primeira noite”, “parezo un tipo de muller sen tipo”, “tómannos por faisáns de engorde”.
Atopamos palabras como: fato, esbarrigábame, esfrangullar, peneirabámonos, baballar, rebirimbeques, podremia, envurullar, soerga, zumega, esvaradía....... E temos que atopalas e descubrilas e sentilas enchendo as nosas bocas....esas bocas que falan e falan e falan.... “hostia teño que deixar de falar....”.
Emocións, sensacións, medos, todo contido nas palabras que din..... e nas que non din. Descubrir as palabras, as que están aquí, non outras, tal e como están aquí, co que din e co que non din, co que queren dicir e co que non se atreven a dicir, esas, esas palabras, e facelas nosas....e vosas.
¿Como facelo?
Pois nesas estamos.


Nuria Gullón

sábado, 23 de agosto de 2008

fainos a túa crítica Cangas 24-08-08, Santiago 05/06-09-08, O Carballiño 08-09-08

Se estiveches na estrea, gustaríanos que fixeras a túa Crónica das nosas "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras".Ao comentario mais orixinal regalamos unha botella de ghaseosa a Pitusa....e xa sabes "esta noite querida... Champagne".

viernes, 22 de agosto de 2008

Pierre na súa intimidade



Pierre-Vou beber para ti, voume afogar para ti ata que a miña cabeza se poña mol como unha sandía, oca e enchoupada, arrolándose pola rúa, agardando que calquera a patee, a mexar sangue, a vomitar viño malo, a derramarse toda fláccida contra unha beira da cama, polo furado do váter, para o fondo, alí para o fondo, verse baleirar, no charquiño.

Silvi e Gaspar na intimidade


SILVIA: A min sabes que é o que me gusta? Cando chove e os limpaparabrisas fan chac chac chac e comer galletas Príncipe, cresme, non? Sempre teño diso no bolso, cando levo galletas é coma se andivese protexida e nada malo me poida pasar, coma se levase un anxiño ou algo por riba da miña cabeza...GASPAR: Agora son eu o que te protexe.SILVIA: Vale, daquela non necesito o outro...GASPAR: Pois non, non é preciso, eu vallo por todos os anxos da terra, tes un problema, chámasme, aparezo, dende onde sexa, en calquera momento!SILVIA: Pois que guai!

Fred e Luci na intimidade



FRED: Ben me decato de que non tas aquí, si, ben me decato de que non escoitas!
LUCI: Si, si...
FRED: Non digas "si, si", non tas aquí, tas nalgures, onde tas?
LUCI: Estou aquí.
FRED: Onde?
LUCI: Aquí, canda ti, diante de ti!
FRED: Que máis ten.
LUCI: Que máis ten o que?
FRED: Que me rompa o nabo, non me escoitas!
LUCI: Si...
FRED: Non...
LUCI: Merda!
FRED: Que?
LUCI: Merda!
FRED: Si, ouh?
(só) Iso é, lisca!.. Total, éche a mesma conta. Teño que deixar... Teño que deixar de falar...

A Viaxe de Crónicas



Fran Peleteiro, Santiago Cortegoso Xose Esperante, Gena Baamonde e Anabel Gago retratados `por Andrea Costas.

Andan a procura deles mesmos. Procuran con ansia con tódalas súas forzas. Coa súa voz, cos seus movementos, os seus textos, cos obxectos, coas súas músicas, as súas imaxes, os seus ruidos….
Isto o narramos en forma de crónicas. Unha suma de polaroids sobre as súas vidas.
Nunhas escenas vemos retazos das súas vidas cotias, das súas relacións…… e noutras escenas a eles mesmos e sós; como pensan, soñan, falan de eles mesmos.
Durante o día se vive, encontros e desencontros, relacións que pasan perto de nós. Algunhas as respiramos, as reimos, as laiamos e outras simplemente pasan.
Durante a noite, a nosa intimidade; os nosos desexos; os nosos puntos de vista; os nosos credos; as nosas cancións, as nosas xustificacións; e, pola noite, os soños.
Crónicas destas noites enteiras e crónicas destes días enteiros, presentado como un collage, un andel de pequenos fragmentos, de retazos de vidas, para expresar un desexo; o amor.

Ven, estas son as nosas crónicas




Luci, Fred, Pierre, Gaspar e Silvi en Cronicas de dias enteiros de noites enteiras.
"Heivos falar un pouco, de todo, de todo ese peso sobre o meu ventre que pesa nel desde sempre, como unha enorme gana de cagar, quérovos falar sen mentir, sen darlle voltas, sen agochar nada, directo aos ollos."
Pretendemos conectar cunha temática tan universal como é a procura da felicidade, do amor; desde o filtro de hoxe en día, desde a nosa realidade. mediatizada polo virtual, pola velocidade, por unha comunicación anónima …que determina as relacións na actualidade.
E qué é do amor e dos amores?. L´amour e a verdadeira natureza das persoas, o verdadeiro instinto básico. O amor que se soña e no que se cre. Nestes tempos onde non importa que calquera fale no nome do amor. No espectáculo tentamos facer falar ao amor mesmo e así en directo, para que os poucos metros cadrados da escena convírtanse nun escenario máxico. Nun caluroso plató de preguntas. Plantexar preguntas . Servilas non respostalas. Amosalas para que o público faga a súa propia crónica dos seus dias e das súas noites. Días nos que se vive e noites nas que se soña.






















jueves, 21 de agosto de 2008

ANIMATE E VEN



O equipo de "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras" de X. Durringer, esta feliz de podervos presentar o seu traballo, podedelo facer en:







Auditorio Municipal de Cangas 24-08-08.
Teatro Principal de Santiago de Compostela 5/6-09-08.
Festival Teatro Galego en Carballiño 8-09-08.
Auditorio Carmén Estevez de Vilalba 27-09-08.
Centro Cultural Caixanova de Vigo 28-09-08.
Teatro Jofre 5-10-08.

martes, 19 de agosto de 2008

ESTREA 24 de agosto


O domingo 24 de agosto estrea absoluta de "Crónicas de días enteiros e noites enteiras" no auditorio municipal de Cangas ás 21:30h.

sábado, 16 de agosto de 2008

Xesús Valle



XESUS VALLE COMPOSITOR DO ESPAZO SONORO
CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS, DE NOITES ENTEIRAS, de X. DURRINGER
A FACTORÍA TEATRO e DISQUE DANZA


Cada personaxe é único, irrepetible.
A banda sonora de cada un, componse de pensamentos e silencios.
O son da pel transitando os recordos, os desexos, a vida.
O silencio das mentiras, as dúbidas e manias.
O son dos nosos pasos, viaxes e présas.
O Silencio que non chega cando intentas durmir.

Monica Sueiro


MONICA SUEIRO: AXUDANTE DE DIRECCIÓN
CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS, DE NOITES ENTEIRAS, de X. DURRINGER
A FACTORÍA TEATRO e DISQUE DANZA

Axudar á dirección para que o tráfico que circula por toda esta gran maquinaria chamada Crónicas, que agora está en proceso de colocación e engranaxe de todas as súas pezas, teña o menor número de atrancos posibles e flúa.





Ser ponte de comunicación entre as partes coas pequenas cousas e as necesidades que van xurdindo tras os ensaios. Axudar co texto a quen o necesita e o pide, dende a palabra, sen saltarse unha coma, un punto... O texto debe estar ben memorizado, para non ser un obstáculo no traballo sobre a táboa nos ensaios. Medir tempos, anotar marcas de dirección, tránsitos polas escenas, dar notas de texto despóis dos pases, rexistrar o traballo de cada día,recordar traballos pendentes, horarios de ensaios, entrar no blog, participar nos trainings de corpo e voz...
Ser espectadora activa nun proceso creativo que está resultando ser apaisoante, sincero e cheo de vida.