Crónicas de días enteiros, de noites enteiras.
Texto orixinal: Xavier Durringer.
Traducción: Ana Buján.
Dirección : Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
lunes, 14 de julio de 2008
Gaspar
"sentinme so e parvo ao andar como por primeira vez... non tedes idea de nada, nin de soidades, nin de amor, vos non sodes mais ca falabaratos dunha anémica hora de mala radio nocturna..."
Gaspar
31 comentarios:
Anónimo
dijo...
"A min gústanme os irlandeses, porque teñen fighting spirit, e eu téntoo, entrénome para acadar o fighting spirit, coas rapazas, loito ata o final. Aínda cando non quedan moitas esperanzas, loito! Esa impresión de que te dominan nos intercambios, iso é terrible, saber que ao cabo pódese forzar o ritmo, acompasar a túa cadencia e finalmente aceptar a verdade terrible, sempre son o único perdedor, matino niso na ducha e tamén despois dos partidos no domingo pola mañá. Empecei a xogar ao fútbol de vello, porque eu de neno tiña problemas para relacionarme, vamos, de timidez, e porque non sabía xogar ben dabondo como para que te aceptasen nun equipo, nin sequera para xogar atrás. E así metinme de vello, se cadra vello de máis, de feito comecei a xogar ao fútbol cando os demais o deixan todo para iren ás festas sorpresa, aos guateques, de principio igual problema que co fútbol, problemas para relacionarse, aquelo non era o meu forte, xa sabedes, o mocear e todo iso era cousa dos demais, así é que, en fin, hoxe ando a recuperar o tempo perdido, hoxe tento ter relacións esporádicas ou non coas mulleres, cando os demais homes do meu tempo están case todos casados e cun pícaro ou dous. Dáme polo carallo. Teño fighting spirit." Xavier Durringer
"aboiar, aboias, déixaste levar polo mar, polos ventos, afogas, pero afogas... tan tranquilo que das en respirar e resistes... eu tamén penso nos paracaidistas mentres deixo aboiar a miña mirada por entre as nubes"
Filliño, ti nunca farás carreira. Con tres anos non falabas, dicías cousas como ti, co, ma, que mal o pasabamos todos, non entendíamos nin ren. Tardaches en andar, o teu pai pensabas que eras retrasado. Bendito pero retrasado.Eu dicíalle que non, que o que che pasaba é que fervías tanto por dentro, que non che saía para fóra. Así de simple. Ti terás moito fitesprit dese que dis, que non sei de onde o sacaches, tes cada cousa, Gaspariño. Pero aínda que non fagas carreira a avoa e máis eu querémoste un mundo. Por certo, a avoa dí que se ese fitesprit te deixa comer as natillas que tanto che gustan. Ai, neno non comas fiame que fai mal. P:D: Teu pai di se queres nécoras. Biquiños. Mamá
¡Neno! Non comas chourizo, nin salchichón, nin... ¡Non comas fiame, Gaspar Xosé! Mamá que quere que collas dunha vez moza e cases e me deas netos. Bicos.
¿Sabes para que serve unha pelota de baloncesto? Para xogar ó basket, testudo. Por iso non entraches no equipo de fútbol infantil. Eu non te tiña manía, Gaspar. ¿Segues sendo tan raro?
Oes, tí es o gicho ese que estaba o outro día con Pierre? queres que conte un chiste? sabes que cando se achegou Silvia e ti tentabas ligar con ela, ainda tiñas a bragueta aberta e do pantalón saíache un anaco de papel do vater? ha, ha, ha...así non te comes un rosco rapas!
Ah! son Luci, a tía que dixeches que tiña o cú inversamente proporcional á simpatía. A que agora te parezo máis simpática?
Gaspar son a túa floristeira, o me pagas a debeda de 14 ramos de flores para as túas citas amorosas e anónimas del chat, ou en vez de identificarte nesas citas a cegas con rosas vermellas, o vas facer con toxo verde. Ou pagas ou envio o cobradir do frack.
Realmente é unha pena que non fale como escribo, o día que estoupe vai todo para o carallo, levo unha vida que se asemella moito ós precedentes dos grandes supervillanos de Batman, daría un pingüino, un jokes de puta nai.
Alguén me preguntou onde se agocha o amor, que me dera poder contestarlle. O amor debe ser coma o mercurio, algo que non se dá collido cos dedos, algo demasiado fino, canda menos para min. Desde logo, hai algo que todo o mundo sabe menos eu, algo escápaseme. Eu non me dou por vencido pero hai algo, un detalle que debve parecer tan insignificante que o fai invisible... pois eu ese detalle non o pillo. E os fillos de puta que o saben, falan moito, pero non soltan nada. Son coma aqueles mamóns que non che pasaban os apuntes cando quedabas durmido, igual de cabróns... Hai unha canción de josele, do excantante dos Enemigos,que creo fala diso. Está no disco las golondrinas etc... 5días chamase a canción...fala dunha muller que persigue un soño, un soño que moitos parecer conseguir, que saben como conseguilo... e ninguén lle dí nada...ela non para de tentalo... pero hai días nos que tes medo que todo se che veña enriba, e tés medo de soñalo mal. Eu tamén teño ese medo... pero, que collóns dáme polo carallo, teño fighting spirit...iso... e chámome Gaspar
Joder, Gaspar, co pringado que me parecías cando te coñecín... e agora vexo que es un tío caralludo. Citando a Josele ademais. Como te comprendo tío. Eu diría esta: "la sangre aún me hierve, cuando pienso en mi mala suerte..."
Qué ben Gaspar, poético e profundo, gostaríame coñecerte senon fora pola teima esa que sego sen poder coller,si iso do fitin spirit ou como se escriba ou diga (son de francés).Eu tamén me sento así as veces, colagada e sen que me pasen os apuntes... se ti os tiveras mos pasarías?
As flores nunca se rouban... pero certamente non me gusta mercalas, hai moitas cousas que non me gusta mercar, entre elas o amor e as flores, polo menos non me gusta mercalas da maneira habitual...ás veces síntome tan ridículo, pero non podo parar de facer as cousas que fago, teño que roelo tempo, teño que tirar padiante, porque como me dixo un yonquisabio na estación de buses de noia, ti tira padiante que patrás espanta..., a min espántame o onte e o hoxe, só me presta pensar no mañá... son coma sempre o anónimo gaspar...
Poeta ata o final!, non comprendo cómo non amosas máis esa faciana poética nas túas andainas amorosas. De qué tes medo?. Qué peso escuro tapa todo ese espírito?
Gústasme porque... es diferente, non tes nada... máis ca ti mesmo...non tes casa, non tes coche, non tes diñeiro, non prometes nada, no queres nada, non sabemos onde durmiremos esta noite nin mañá, nin nada, e iso está ben, non podes saber que ben senta non saber que vai pasar, non facer plans no aire, non prometer nada, todo o temos que facer os dous. :*
Gústame iso do paliativo, xa case non me saen granciños entre os peitos a pesar de seguir comendo galletas Príncipe. Temos que ter coidado de non deixarnos levar demasiado... Igual teño que empezar unha nova dieta... Intimar pode ser un erro moi grande. Quizais sexa millor que non nos vexamos mañá. Non sei... Pola tarde vou sair de compras cunha amiga, pero pola noite... podes chamarme se queres, anque tamén podes vir cear. Invítote a unha ensalada tropical. Un bico de vaca:p
neniño. Como está o meu sucre de mel? Cando vas vir pola casa? Agardámosche todos con impaciencia. Casndo vas traer a esa moza que sei que tes? Vainos encher de orgullo e satisfacción. Ai, o meu neno ten unha moza, por fin. Neno, contesta ó mobil. mamá
Gaspar! hai noites enteiras nas que non durmo, pásome a noite pensando, pensando nas túas lideiras de cervexa en lata e non dou comprendido esa teima que tés co espírito de loita; total logo segues facendo ESACTAMENTE O MESMO DE SEMPRE. Gustaríame que deixaras de explicarte tanto e, pódes imaxinalo, deixar de dar a vara cando volvas a garrala neses momentos onde o día e a noite atópanse, inconscentes. Deixo o club, meu.
Qué ollos tan bonitiños tes!, non podo dicir o mesmo do teu sorriso, claro que onte a cousa pingaba moito,j,j,j,j. Por outra soberbia noite!. Encantoume o dancing que nos botamos. Só bailamos (por se non lembras). Qué bonitiños ollos meu.
Eu tamén levo toda a vida tentandoo pero algo falla É coma ir a destempo ti o sabes eu o sei...en fín A púntome ao fighting spirit ese cunhas gostas de burbon eso si!. O resto dame polo carallo. Enténdote perfeitamente G
A Factoría Teatro e Disquedanza comezan "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras"
“Dez anos encaixonados….
Son trozos de textos, breves monólogos, pensamentos, breves diálogos, sainetes, comezos de algo, fragmentos de historias.
Pequenos feitos, quentes, coma instantáneas, pequenas polaroids." “Crónicas de días enteiros, de noites enteiras” Xavier Durringer.
Empezamos. Primeiro día de lectura
Dirección: Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
Os actores
Xose Esperante no papel de Gaspar, Anabel Gago en Silvi, Gena Bahamonde como Luci, Fran Peleteiro como Pierre e Santiago Cortegoso como Fred
O Equipo de Crónicas
Alfredo Rodríguez
Dirección e deseño de produción
Olga Cameselle
Dirección artístca e creación movemento escénico
La Canalla
Deseño de vestiario
Xesús Valle
Espazo sonoro
Paco Vila Barros
Creación de video
Carmela Bueno
Asistencia entrenamento físico
Nuria Gullón
Asistencia entrenamento vocal
Andrea Costas
Fotógrafa
Mónica Sueiro
Axudante de dirección
Gustavo Brito
Escenografía
Xoan Anleo
Colaborador
A NOSA TERRA
Diario
CURSO DE TEATRO. CANGAS
Festival de Teatro Cómico Festivo de Cangas
Información Curso de Teatro. Cangas
Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle que dirixen esta obra coral impartirán o curso Aproximación as Crónicas dunha Creación Escénica “Cronicas de días enteiros, de noites enteiras” de Xavier Durringer, dentro da programación da ESAD de Vigo no Festival de Teatro Cómico Festivo de Cangas, a segunda semana de xullo.
Ficha Artística
Crónicas de días enteiros, de noites enteiras. de Xavier Durriger
Traducción Ana Buján
Elenco: Xose Esperante, Anabel Gago, Gena Bahamonde, Fran Peleteiro e Santiago Cortegoso.
Deseño e realización do espazo sonoro.- Xesús Valle
Deseño e realización de vestiario.- La Canalla
Deseño de iluminación.- Paco de Pin
Colaboración .- Xoan Anleo
Deseño de produción.- Alfredo Rodríguez
Creación movemento escénico.- Olga Cameselle
Deseño gráfico(cartelería e difusión).- Estudio Boox
Material visual difusión.- Andrea Costas
Asesoria Xuridica.- Leo Garcia_Bobadilla
Asistente de produción.- Cristina Cameselle
Asistente de dirección.- Mónica Sueiro
Asistencia training vocal.- Nuria Gullón
Asistencia training físico.- Carmela Bueno
Dirección.- Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
Distribución e marketing.- Rosa Bugallo
Co-produción.- A Factoría Teatro & Disque Danza.
Creación escénica colectiva
Asistencia laboral e fiscal.- Daniel Couselo e CEM (consultoría).
31 comentarios:
"A min gústanme os irlandeses, porque teñen fighting spirit, e eu téntoo, entrénome para acadar o fighting spirit, coas rapazas, loito ata o final. Aínda cando non quedan moitas esperanzas, loito!
Esa impresión de que te dominan nos intercambios, iso é terrible, saber que ao cabo pódese forzar o ritmo, acompasar a túa cadencia e finalmente aceptar a verdade terrible, sempre son o único perdedor, matino niso na ducha e tamén despois dos partidos no domingo pola mañá.
Empecei a xogar ao fútbol de vello, porque eu de neno tiña problemas para relacionarme, vamos, de timidez, e porque non sabía xogar ben dabondo como para que te aceptasen nun equipo, nin sequera para xogar atrás. E así metinme de vello, se cadra vello de máis, de feito comecei a xogar ao fútbol cando os demais o deixan todo para iren ás festas sorpresa, aos guateques, de principio igual problema que co fútbol, problemas para relacionarse, aquelo non era o meu forte, xa sabedes, o mocear e todo iso era cousa dos demais, así é que, en fin, hoxe ando a recuperar o tempo perdido, hoxe tento ter relacións esporádicas ou non coas mulleres, cando os demais homes do meu tempo están case todos casados e cun pícaro ou dous.
Dáme polo carallo. Teño fighting spirit." Xavier Durringer
Mi má, neno. Todo está mal menos tú?, todo es una mierda menos tú?, todos se equivocan menos tú?, Pero tú que crees que eres? LEVANTA CON ESO.
Ao mellor es tí quen mellor me pode contestar... onde se agacha o amor?.
Non me avandones e dime algo, por fi!
"aboiar, aboias, déixaste levar polo mar, polos ventos, afogas, pero afogas... tan tranquilo que das en respirar e resistes... eu tamén penso nos paracaidistas mentres deixo aboiar a miña mirada por entre as nubes"
Mira que bonitiño eso que escribes. Unha pregunta Gaspar, falas igual?
Gaspar as flores coas que imprresionas as tias, son de viveiro, de interflora ou roubalas nunha igresia?
Filliño, ti nunca farás carreira. Con tres anos non falabas, dicías cousas como ti, co, ma, que mal o pasabamos todos, non entendíamos nin ren. Tardaches en andar, o teu pai pensabas que eras retrasado. Bendito pero retrasado.Eu dicíalle que non, que o que che pasaba é que fervías tanto por dentro, que non che saía para fóra. Así de simple. Ti terás moito fitesprit dese que dis, que non sei de onde o sacaches, tes cada cousa, Gaspariño. Pero aínda que non fagas carreira a avoa e máis eu querémoste un mundo. Por certo, a avoa dí que se ese fitesprit te deixa comer as natillas que tanto che gustan. Ai, neno non comas fiame que fai mal.
P:D: Teu pai di se queres nécoras.
Biquiños.
Mamá
¡Neno! Non comas chourizo, nin salchichón, nin... ¡Non comas fiame, Gaspar Xosé!
Mamá que quere que collas dunha vez moza e cases e me deas netos.
Bicos.
¿Sabes para que serve unha pelota de baloncesto? Para xogar ó basket, testudo. Por iso non entraches no equipo de fútbol infantil. Eu non te tiña manía, Gaspar. ¿Segues sendo tan raro?
Oes, tí es o gicho ese que estaba o outro día con Pierre? queres que conte un chiste? sabes que cando se achegou Silvia e ti tentabas ligar con ela, ainda tiñas a bragueta aberta e do pantalón saíache un anaco de papel do vater? ha, ha, ha...así non te comes un rosco rapas!
Ah! son Luci, a tía que dixeches que tiña o cú inversamente proporcional á simpatía.
A que agora te parezo máis simpática?
Gaspar: 25 de xullo!!! Non digo máis.
Aboaite por onde queiras pero non penses que esquecemos, agardamos que ti tampouco o fagas.
Ah! deixa aos irlandeses en paz, despois de todo non chegaches nin si quera máis aló dos Pirineos.
Que falta lles fai a algúns botar un polvo!
Ánimo
Te falta actitud, chico. ¡¡¡ESPABILAAAAAAAAAAAAAAAA!!!
Gaspar son a túa floristeira, o me pagas a debeda de 14 ramos de flores para as túas citas amorosas e anónimas del chat, ou en vez de identificarte nesas citas a cegas con rosas vermellas, o vas facer con toxo verde.
Ou pagas ou envio o cobradir do frack.
hola gaspar, fuches algunha vez a dublín, dime como é
Gaspar disappear, complity. What a pity!
¿Viches Gladiator?...Nin puta idea, nin puta idea do que é o espíritu de combate... vaite informando vendo "americans gladiators" en cuatro.
Realmente é unha pena que non fale como escribo, o día que estoupe vai todo para o carallo, levo unha vida que se asemella moito ós precedentes dos grandes supervillanos de Batman, daría un pingüino, un jokes de puta nai.
Alguén me preguntou onde se agocha o amor, que me dera poder contestarlle. O amor debe ser coma o mercurio, algo que non se dá collido cos dedos, algo demasiado fino, canda menos para min. Desde logo, hai algo que todo o mundo sabe menos eu, algo escápaseme. Eu non me dou por vencido pero hai algo, un detalle que debve parecer tan insignificante que o fai invisible... pois eu ese detalle non o pillo. E os fillos de puta que o saben, falan moito, pero non soltan nada. Son coma aqueles mamóns que non che pasaban os apuntes cando quedabas durmido, igual de cabróns... Hai unha canción de josele, do excantante dos Enemigos,que creo fala diso. Está no disco las golondrinas etc... 5días chamase a canción...fala dunha muller que persigue un soño, un soño que moitos parecer conseguir, que saben como conseguilo... e ninguén lle dí nada...ela non para de tentalo... pero hai días nos que tes medo que todo se che veña enriba, e tés medo de soñalo mal. Eu tamén teño ese medo... pero, que collóns dáme polo carallo, teño fighting spirit...iso... e chámome Gaspar
Joder, Gaspar, co pringado que me parecías cando te coñecín... e agora vexo que es un tío caralludo. Citando a Josele ademais. Como te comprendo tío. Eu diría esta: "la sangre aún me hierve, cuando pienso en mi mala suerte..."
Qué ben Gaspar, poético e profundo, gostaríame coñecerte senon fora pola teima esa que sego sen poder coller,si iso do fitin spirit ou como se escriba ou diga (son de francés).Eu tamén me sento así as veces, colagada e sen que me pasen os apuntes... se ti os tiveras mos pasarías?
As flores nunca se rouban... pero certamente non me gusta mercalas, hai moitas cousas que non me gusta mercar, entre elas o amor e as flores, polo menos non me gusta mercalas da maneira habitual...ás veces síntome tan ridículo, pero non podo parar de facer as cousas que fago, teño que roelo tempo, teño que tirar padiante, porque como me dixo un yonquisabio na estación de buses de noia, ti tira padiante que patrás espanta..., a min espántame o onte e o hoxe, só me presta pensar no mañá... son coma sempre o anónimo gaspar...
Poeta ata o final!, non comprendo cómo non amosas máis esa faciana poética nas túas andainas amorosas. De qué tes medo?. Qué peso escuro tapa todo ese espírito?
Gústasme porque... es diferente, non tes nada... máis ca ti mesmo...non tes casa, non tes coche, non tes diñeiro, non prometes nada, no queres nada, non sabemos onde durmiremos esta noite nin mañá, nin nada, e iso está ben, non podes saber que ben senta non saber que vai pasar, non facer plans no aire, non prometer nada, todo o temos que facer os dous. :*
Gústame iso do paliativo, xa case non me saen granciños entre os peitos a pesar de seguir comendo galletas Príncipe.
Temos que ter coidado de non deixarnos levar demasiado... Igual teño que empezar unha nova dieta... Intimar pode ser un erro moi grande. Quizais sexa millor que non nos vexamos mañá. Non sei...
Pola tarde vou sair de compras cunha amiga, pero pola noite... podes chamarme se queres, anque tamén podes vir cear. Invítote a unha ensalada tropical.
Un bico de vaca:p
when the music is over, turn out the ligh!
neniño. Como está o meu sucre de mel? Cando vas vir pola casa? Agardámosche todos con impaciencia. Casndo vas traer a esa moza que sei que tes? Vainos encher de orgullo e satisfacción. Ai, o meu neno ten unha moza, por fin.
Neno, contesta ó mobil.
mamá
Gaspar! hai noites enteiras nas que non durmo, pásome a noite pensando, pensando nas túas lideiras de cervexa en lata e non dou comprendido esa teima que tés co espírito de loita; total logo segues facendo ESACTAMENTE O MESMO DE SEMPRE. Gustaríame que deixaras de explicarte tanto e, pódes imaxinalo, deixar de dar a vara cando volvas a garrala neses momentos onde o día e a noite atópanse, inconscentes.
Deixo o club, meu.
Qué ollos tan bonitiños tes!, non podo dicir o mesmo do teu sorriso, claro que onte a cousa pingaba moito,j,j,j,j. Por outra soberbia noite!. Encantoume o dancing que nos botamos. Só bailamos (por se non lembras).
Qué bonitiños ollos meu.
É necesario tanta precisión? É máis doado sobre levar a soedade con precisión ou con instinto, Gaspar?
Eu tamén levo toda a vida tentandoo pero algo falla É coma ir a destempo ti o sabes eu o sei...en fín A púntome ao fighting spirit ese cunhas gostas de burbon eso si!. O resto dame polo carallo. Enténdote perfeitamente G
Publicar un comentario