lunes, 28 de julio de 2008

Anabel Gago

Anabell Gago comeza a súa andadura no teatro profesional en 1994 con Roberto Vidal Bolaño e
dende entón sempre estivo presente na escena galega da man de diversas compañías.
Teatro do Aquí, A factoría Teatro e Berrobambán son as compañías que con máis frecuencia
contaron con ela nos seus repartos.
Tamén puido ser vista na serie Rías Baixas coa que gravou 69 capítulos.
Foi galardoada cos premios María Casares 2006 á millor actriz protagonista e no 2007 á millor
actriz secundaria.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Anabel, que tal estas no papel de Silvie, que hai entre tu y Silvi en común?

Anónimo dijo...

Qué cousa é coa que estás a desfrutar máis? e Cal é a que menos?

Anónimo dijo...

A pregunta que plantexas (que hai en común entre Silvia e máis eu?) paréceme moi interesante porque me fai reflexionar tanto nos rasgos da súa personalidade en común coa miña, como nos diferentes. Silvia podería existir cun corpo coma o meu e unha personalidade distinta (a cal fará cambiar os movementos do meu corpo).

Que temos en común?: Somos "persoas" de tipo nervioso, edonistas, inseguras, soñadoras, emotivas, cariñosas, inxenuas, metepatas, coquetas...
Só que ela, todo moito máis ca min (gha, gha ;)) Vivimos ao día, non temos nada material, gústanos mercar nos mercadillos...

Que temos de diferente?
Silvia apurouse demasiado en facer as cousas. É aventureira, atrevida, arroutada, é obsesiva coa súa imaxe, aforradora, supersticiosa, un pouco egocéntrica, moi observadora, obsesiva coa limpeza e os cambios, impulsiva, cando se lle mete algo na cabeza non para ata conseguilo, está insatisfeita co que fai, etc...

Gustarame seguir respondendo a túa pregunta. Bks :)

Anabell Gago dijo...

Con que estou a disfrutar máis?
É difícil de escoller...
En realidade con todo o proceso: dende os encontros a primeira hora da mañá con bo humor a pesar do cansancio acumulado, os quentamentos de voz e corpo directamente dirixidos ao servicio da montaxe, a dirección compartida, o elenco volcado, as risas, a búsqueda, os pequenos atasques, a confianza, os rexustes, os apoios da xente que todolos días traballamos para este proxecto en común...

Xa sei que falo moi en xeral pero é que me levaría moito tempo entrar en detalles e mañá empeza a conta atrás, dentro de 15 días estreamos.

TI-RU-RI-RU,
TI-RU-RI-RU,
CUIN,CUIN,CUIN,CUIN...
(música da peli de Psicosis. Ghi,ghi,..!:)

Que é o que menos? Clarísimo!: As Abominables Abdominais.
Xa sei que son moi necesarias pero aínda non me afixen a elas.

Anónimo dijo...

Pensas que Silvi é unha muller valente?

Anónimo dijo...

Moi bonito o teu traballo

Anónimo dijo...

Cal é a túa percepción co público e
con qué crítica te quedarías?

Anónimo dijo...

"Pensas que Silvi é unha persoa valente?"
Penso que en certo sentido si o é: Decide arriscarse con Gaspar porque para ela é un cambio estar con alguén que non ten nada máis que a sí mesmo. Que non lle promete nada, que non lle pide nada...Todo o teñen que facer os dous, dende cero.
Silvia esta nun momento no que necesita dar un cambio importante na súa vida, e un cambio case sempre conleva un risco que precisa de valor.

"Cal é a miña percepción co público?" Eu síntoos moi atentos e espectantes durante a función.
Tamén é certo que non é un espectáculo para tódolos gustos. Pero a quen lle gusta, gústalle moito. Nos aplausos mirolles as caras e vexo claramente xente que non enganchou, cansa de tanto texto, e xente sorrinte, encantada co que acaba de ver e oir.

"Con que crítica te quedarías máis?"
Que é un espectáculo moi interesante onde se observa moito curro de equipa, pero que a densidade do texto e da montaxe é tal que non dá tempo a asimilala nunha soa vez. Necesitas dunha segunda para captar tódolos detalles. É como ver unha peli de autor subtitulada.
Unha de cal e outra de area ;)