
Despois de formarse en grupos de teatro independente (AURIN, DITEA) e universitario (EIS, da Univ. de Santiago) e titularse como ESPECIALISTA EN ARTE DRAMÁTICA pola Univ. de Santiago-IGAEM (1.998), ten traballado como actor en diversas compañías:
TEATRO DE NINGURES: BAILADELA DA MORTE DITOSA, de R. V. Bolaño, EMIGRADOS, de VV. AA., TARTUFO, de Molière, CÍRCULO, de Suso de Toro, FAUSTO, de Marlowe, etc., baixo a dirección de Etelvino Vázquez;
NOVE DOUS TEATRO: FÓRA DE XOGO, escrita e dirixida por Maxi Rodríguez, LLU LLU TEATRO (compañía propia): ÑAQUE, ou de piollos e actores, de S. Sinisterra e O CIRCO ENMEIGADO, de Rafael Dieste, baixo a dirección de Salvador del Río.
No eido audiovisual, traballa habitualmente como actor de dobraxe e ten participado en películas como “Heroína” e “Una mujer invisible”, de Gerardo Herrero e en “Pradolongo”, de Ignacio Vilar, así como nas series “As leis de Celavella” e “Rías Baixas”.
Desde o ano 2.001 traballa na AULA DE TEATRO da UNIV. DE VIGO (Campus Pontevedra) como axudante de dirección e tradutor dun espectáculo anual.
Asimesmo, leva dous anos participando nos TALLERES DE ESCRITA (Pistas para unha dramaturxia de actualidade), no C.D.G., coordinados por Cándido Pazó e o seu texto HÁMSTER foi seleccionado este ano para ser montado nos Encontros en Magalia, organizados pola Rede de Teatros Alternativos.