viernes, 22 de agosto de 2008

A Viaxe de Crónicas



Fran Peleteiro, Santiago Cortegoso Xose Esperante, Gena Baamonde e Anabel Gago retratados `por Andrea Costas.

Andan a procura deles mesmos. Procuran con ansia con tódalas súas forzas. Coa súa voz, cos seus movementos, os seus textos, cos obxectos, coas súas músicas, as súas imaxes, os seus ruidos….
Isto o narramos en forma de crónicas. Unha suma de polaroids sobre as súas vidas.
Nunhas escenas vemos retazos das súas vidas cotias, das súas relacións…… e noutras escenas a eles mesmos e sós; como pensan, soñan, falan de eles mesmos.
Durante o día se vive, encontros e desencontros, relacións que pasan perto de nós. Algunhas as respiramos, as reimos, as laiamos e outras simplemente pasan.
Durante a noite, a nosa intimidade; os nosos desexos; os nosos puntos de vista; os nosos credos; as nosas cancións, as nosas xustificacións; e, pola noite, os soños.
Crónicas destas noites enteiras e crónicas destes días enteiros, presentado como un collage, un andel de pequenos fragmentos, de retazos de vidas, para expresar un desexo; o amor.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

por qué chagades en tren emarchades en avión?

Anónimo dijo...

De feito ninguén chega, de certo e ninguén marcha. Cecáis esta idea que expresas ben dada polo espazo sonoro, e esta é a expresión formal do desexo de fuxida ou da ansiedade por atopar. A viaxe de crónicas transcurre en pequenas paradas, individuais a meirande das veces, que non levan a outro sitio que non sexa o desexo frustrado. Úlo amor autodiseñado?