viernes, 22 de agosto de 2008

Ven, estas son as nosas crónicas




Luci, Fred, Pierre, Gaspar e Silvi en Cronicas de dias enteiros de noites enteiras.
"Heivos falar un pouco, de todo, de todo ese peso sobre o meu ventre que pesa nel desde sempre, como unha enorme gana de cagar, quérovos falar sen mentir, sen darlle voltas, sen agochar nada, directo aos ollos."
Pretendemos conectar cunha temática tan universal como é a procura da felicidade, do amor; desde o filtro de hoxe en día, desde a nosa realidade. mediatizada polo virtual, pola velocidade, por unha comunicación anónima …que determina as relacións na actualidade.
E qué é do amor e dos amores?. L´amour e a verdadeira natureza das persoas, o verdadeiro instinto básico. O amor que se soña e no que se cre. Nestes tempos onde non importa que calquera fale no nome do amor. No espectáculo tentamos facer falar ao amor mesmo e así en directo, para que os poucos metros cadrados da escena convírtanse nun escenario máxico. Nun caluroso plató de preguntas. Plantexar preguntas . Servilas non respostalas. Amosalas para que o público faga a súa propia crónica dos seus dias e das súas noites. Días nos que se vive e noites nas que se soña.






















5 comentarios:

Anónimo dijo...

guapooos, sodes uns actorazos, grazas por toda a vosa xenerosidade e entrega no traballo a é contestade aos vosos fans

Anónimo dijo...

espero que comentedes a estrea en compostela !
saudos

Anónimo dijo...

Neste pais, nas condicións nas que as cías nos movemos realmente cada función semella unha estrea. Neste caso, en Compostela, todo foi compacto e cun bó ritmo. Penso que o resultado foi favorable no canto ao traballo. Por outra banda está resultando moi estimulante todos e cada un dos comentarios que van aparecendo neste blog.

marea dijo...

Gustariame que realmente fixerades a vosa propia crónica, tanto do proceso como da experiencia da montaxe e do traballo en equipo

Anónimo dijo...

Aínda que non o pareza o traballo e a cuestión de pechar cosas concretas e materiais aínda estan "en proceso" supoño que cando toooodo esto teña rematado e a obra coma tal este ceiba destas cousas poderiamos facer unha reflexión real, vai facer esta crónica que demandas. Aínda seguimos aquí.